miniatura|250px|Orcavella antes de cubrir o seu propio sartego cunha laxe. Orcavella, tamén escrito Orcabella ou Orca Vella, é unha personaxe fantástica da mitoloxía galega con forma de muller con poderes extraordinarios e gran crueldade.

Características Un viaxeiro navarro do século XVI chamado Julián Íñiguez de Medrano, escribiu na súa Silva curiosa (publicada en París por Nicolas Chesneau, en 1583) o relato que lle contou un pastor mentres peregrinaba a Fisterra, quen a describe como "unha muller bárbara, vella e fea, que chegou a Galicia en tempos de guerra cos mouros e os pagáns". Dise que podía matar só coa ollada ou rozando coa man a calquera ser vivo. Devoraba nenos e tamén se podía facer invisible. Viviu 176 anos e deixou medio reino de Galicia despoboado pola súa voracidade.

Cansa de vivir, retirouse a unhas penas (preto de Fisterra) nas que escavou a súa sepultura coa axuda dun pastor que tiña encantado. Antes de cubrir o sartego cunha enorme laxe, espiuse e abrazando o pastor, meteuse na sepultura deitada enriba del. Despois fixo caer a laxe sobre os dous corpos. O pastor pediu con grandes berros que o viñesen valer, pero os seus compañeiros nada puideron cando viron que o sepulcro estaba cuberto coa laxe e arrodeado de serpes.

Etimoloxía Hai varias hipóteses sobre o nome de Orcavella. Podería ser que o seu nome derive de arca, "tumba" ou que faga referencia ao seu carácter caníbal, ou sexa unha ogra ou unha orca.

Mitos relacionados É común a outros mitos europeos como a Cailleach Bheur das Highlands de Escocia (unha bruxa horrible que representa o inverno), a Cailleach Bear de Irlanda e a Caillagh ny Groamagh da illa de Man. Todas elas son chamadas tamén "vellas".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Mitoloxía galega

Categoría:Mitoloxía galega