Hop Along é unha banda estadounidense de indie rock de Filadelfia, Pensilvania, formada no ano 2005 e coñecida anteriormente como Hop Along, Queen Ansleis.

Historia Hop Along naceu como un proxecto en solitario de freak folk acústico coñecido como Hop Along, Queen Ansleis en 2004, durante o derradeiro ano de secundaria de Frances Quinlan. Quinlan publicou o seu álbum de estrea, Freshman Year, no verán de 2005.

Quinlan actuou como artista acústico en solitario durante varios anos mentres perfeccionaba o seu estilo. Tres anos despois do seu primeiro álbum o seu irmán Mark uniuse a ela como batería, seguido polo baixista Tyler Long en 2009. Con esta nova formación, o nome da banda acurtouse a Hop Along. O grupo lanzou o EP Wretches en 2009, e o seu segundo álbum, Get Disowned, chegou o 5 de maio de 2012, conseguindo unha resposta moi positiva da crítica da prensa da música independente. O disco foi producido por Joe Reinhart, da banda Algernon Cadwallader, ao que Quinlan coñecera na escena de concertos en sotos de Filadelfia. Reinhart posteriormente pasaría a ser o guitarrista solista de Hop Along.

En outubro do ano 2014, Hop Along fichou polo selo de indie rock Saddle Creek Records, a través do cal editou o seu terceiro álbum de estudio, Painted Shut, o 4 de maio de 2015.

O 22 de xaneiro de 2018 revelouse o título e a listaxe de cancións do seu cuarto álbum. O primeiro sinxelo, "How Simple", apareceu en páxinas de streaming ao día seguinte. O álbum Bark Your Head Off, Dog publicouse o 6 de abril dese ano. O disco foi gravado por Joe Reinhart e Kyle Pulley nos Headroom Studios.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloNotasFreshman Year2005autoeditadocomo Hop Along, Queen AnsleisGet Disowned2012Hot Green RecordsPainted Shut2015Saddle Creek RecordsBark Your Head Off, Dog2018Saddle Creek Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Filadelfia, Pensilvania Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais formados en 2005