José Jané Baqués, nado en Sabadell a finais do século XIX, foi un organista e compositor catalán aveciñado en Vigo coñecido por ser o organista do cine Fraga de Vigo.

Traxectoria Ingresou como neno de coro no mosteiro de Montserrat aos 8 anos, e debutou como organista aos 13 anos acompañando unha misa gregoriana.

Chegou a Galicia en 1925"Hoy en Jofre, Los Gari-Uset", El Correo Gallego, 31/XII/1925, p.1 como mestre concertador da compañía Gari Uset, que dirixía o actor cómico José Uset. Contratado pola Empresa Fraga recalou en Pontevedra en 1927 como mestre concertador da orquestra do Teatro Principal onde acompañou as películas mudas con grande éxito, como dan testemuña as numerosas novas na prensa. Alí coñeceu á redondelá María del Carmén Fernández Tapias filla do dono do hotel Europa, coa que casou e instalou unha academia de música, primeiro na rúa da Oliva 64 e logo na de Michelena 18.

En xuño de 1927, compuxo música para a zarzuela en tres actos O avarento de Herminia Fariña. Ao ano seguinte viaxou coa súa dona a Milán para ampliar estudos. En 1929 o seu contratador, o empresario carballiñés Isaac Fraga, levouno como director da orquestra do Teatro García Barbón de Vigo e, xunto coa súa orquestra composta de 14 profesores, acompañou películas como The King of Kings de Cecil B. de Mille. Ese mesmo ano, tamén dirixiu a orquestra do Teatro Tamberlick e tocaba como pianista de café no Derby.

En 1931 naceu seu fillo José Jané Fernández,El Pueblo Gallego, 10/XII/1931, p. 6. e acompañou a cantantes como o tenor galego José Vales ou a soprano arxentina Aida Arce.El Pueblo Gallego, 14/IX/1932, p. 6. Un dos seu alumnos destacados nesa época foi o barítono Jesús Paniagua Castro.El Pueblo Gallego, 12/IX/1933, p. 6. En 1937 tomou a dirección da Schola Cantorum da Agrupación Martín Codax.Martín Codax nº. 28, 1/V/1937, p. 4.

A partir do 1949, pasou a ser o organista do cine Fraga onde actuaba no descanso entre o NO-DO e a proxección da película. Este teatro, construído entre 1941 e 1948, foi dotado cun magnífico órgano ao estilo das salas americanas, cando o uso deste instrumento entraba en decadencia pola chegada do sonoro.

Trala morte do compositor e profesor de música dos Xesuítas de Vigo José Iglesias Sánchez pasa a ocupar ese posto.El pueblo gallego, 9/VII/1959, p. 4.

En 1955, Rogelio Groba, director da banda de música da Estrada, estreou o sainete lírico en dous actos Amor d'a Terra de Jané con letra de Juan López Gacio xunto á Masa Coral da Estrada.La Noche, 17/X/1955, p. 2.

En 1959 pasou a dirixir a capela Rodulfo, capela creada polo compositor baionés finado en 1956, continuando na década seguinte a actividade musical desta agrupación relixiosa.El Pueblo Gallego, 28/VIII/1960, p. 12.

Durante a década dos 60, continuou desenvolvendo a actividade como organista no Fraga,El Pueblo Gallego, 26/III/1965, p. 10. El Pueblo Gallego, 27/III/1966, p. 6. profesor de música do colexio dos xesuítas, director da capela Rodulfo e pianista acompañante de diversas agrupacións, entre elas a coral Casablanca. Tamén foi profesor do organista vigués e dono do almacén de música Orpheo, José Carlos Rodríguez."GALICIA NECESITA UNA ORQUESTA SINFÓNICA REGIONAL. Entrevista con José Carlos Rodríguez: concertista de la coral Casablanca y vicepresidente de la orquesta de cámara", El Pueblo Gallego, 9/I/1966. p. 7

Obra

Sueños de artista (1926) Comedieta lírico en tres actos con letra de Jose Paseiro. O avarento (1927) Zarzuela en tres cadros e un acto con letra de Herminia Fariña. Himno a la belleza (1933).El Pueblo Gallego, 9/II/1933, p. 5. ¡¡Arriba España!! (1937). Revista patriótica en sete cadros en prosa e verso con letra de Jesús Álvarez Díaz e José Signo.El Pueblo Gallego, 14/VII/1937, p. 3. Himno da cofraría do Silencio (1947). Con letra de Enrique Romero Archidona.La Noche, 13/III/1947, p. 5. Amor d'a Terra (1955). Sainete lírico en dous actos con letra de Juan López Gacio, estreada por Rogelio Groba. Misa Flos Carmeli (1958). Estreada na festividade de Santa Icía coa orquestra da Sociedad Filarmónica de Vigo dirixida por Daniel Quintas.El Pueblo Gallego, 23/XI/1958, p. 4. Estetit Angelus (1960)El Pueblo Gallego, 2/X/1959, p. 10. "Conxunto de seis "lieder" (1960) — No máis fondo, R. Cabanillas. — Arqueiro, R. Cabanillas. — Nacín cand´as prantas nacen, Rosalía de Castro. — Quíxente tanto, Rosalía de Castro. — Letanía aldeán, J. Crecente Vega . Partitura autógrafa para piano e canto depositada no Museo de Pontevedra, Arquivo musical, Sig. 56/37/34. Composición participante no "1º Festival de la Canción Gallega" na sección Premio Montes. O millor d'a festa (1961). Fantasía galega para violín e piano composta xunto ao violinista Francisco Aparicio e editada por este último. Tamén transcrita para banda de música por Juan Moldes.El Pueblo Gallego, 12-V-1963, p. 20.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados no século XIX Categoría:Compositores de Cataluña Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Organistas