Monster Hunter é un filme de 2020 producido, escrito e dirixido por Paul W. S. Anderson. Baséase na serie de videoxogos Monster Hunter de Capcom. Está protagonizado por Milla Jovovich, na súa quinta colaboración con Anderson como director e ela como actriz principal. Os outros membros do elenco son Tony Jaa, Tip Harris, Meagan Good, Diego Boneta, Josh Helman, Jin Au-Yeung e Ron Perlman. O filme conta a historia de Artemis (Jovovich) e os seus leais soldados que son transportados a un novo mundo, onde deben loitar unha batalla pola supervivencia contra enormes monstros con poderes incribles.
Sinopse Un equipo militar das Nacións Unidas cae nun portal a unha dimensión alterna onde os humanos loitan contra monstros xigantes. Os dous grupos traballan xuntos para defender o portal e evitar que os monstros o crucen e invadan a Terra.
Personaxes
Milla Jovovich como Natalie Artemis Tony Jaa como Hunter Ron Perlman como Almirante Tip "T.I." Harris como Lincoln Diego Boneta como Marshall Meagan Good como Dash Josh Helman como Steeler Jin Au-Yeung como Axe Hirona Yamazaki como Handler Jannik Schümann como Aiden Nanda Costa como Lea Nic Rasenti como Capitán Roark Aaron Beelner como Palico
Notas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Paul W. S. Anderson Categoría:Filmes sobre dinosauros Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes de Constantin Film Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes sobre dragóns