miniatura|340px|Marisma salina durante a marea baixa, marea baixa media, marea alta e marea moi alta (marea viva). Unha marisma salina, marisma salgada ou marisma de marea é un ecosistema mariño na zona intermareal superior costeira entre a terra e as augas salgadas abertas ou augas salobres, que queda regularmente asolagada pola subida da marea. Está dominada por densos conxuntos de plantas tolerantes ao sal como moitas plantas herbáceas, herbas ou arbustos baixos. Estas plantas son de orixe terrestre e son esenciais para a estabilidade das marismas salinas para atrapar e pegar os sedimentos. As marismas salinas xogan un gran papel na rede trófica acuática e a na subministración de nutrientes ás augas costeiras. Tamén manteñen a moitos animais terrestres e dan protección ás costas.
As marismas salinas estiveron historicamente en perigo por malas prácticas de xestión costeira, as súas terras foron utilizadas para usos humanos (agricultura, obras públicas, urbanismo...) ou contaminadas pola agricultura do interior ou outros usos industriais costeiros. Ademais, o aumento do nivel do mar causado polo cambio climático está poñendo en perigo moitas marismas por causa da erosión costeira e o asolagamento de antigas marismas de marea. Porén, os maiores coñecementos recentes dos científicos, ambientalistas e da sociedade sobre a importancia das marismas salgadas para a biodiversidade, produtividade ecolóxica e outros servizos que dan os ecosistemas, como o secuestro de carbono, levou a un aumento da restauración e conservación das marismas salinas sobre todo desde a década de 1980.
Información básica
miniatura|Unha marisma salina de estuario no río Ōpāwaho / Heathcote, en Christchurch, Nova Zelandia miniatura|Marisma salina en Sapelo Island, Xeorxia, EUA
As marismas salinas fórmanse en liñas de costas de baixa enerxía en latitudes temperadas e polaresAllen, JRL, Pye, K (1992). Saltmarshes: morphodynamics, conservation, and engineering significance. Cambridge University Press. Cambridge, UK. que poden ser estables, emerxer ou somerxerse dependendo de se a sedimentación é maior, igual ou inferior que a subida do nivel do mar relativa (taxa de subsidencia máis o cambio no nivel do mar), respectivamente. Comunmente estas liñas de costa consisten en chairas de lama ou area (coñecidas como chairas mareais ou de lama) que se nutren de sedimentos dos ríos e regatos que desembocan alí.Chapman, V. J. (1974). Salt marshes and salt deserts of the world. Phyllis Claire Chapman, Germany. Isto tipicamente inclúe ambientes abrigados como terrapléns, estuarios e o lado de sotavento das illas de barreira e frechas litorais. Nos trópicos e subtrópicos son substituídos por mangleirais; unha área que se diferencia dunha marisma salina en que en vez de por plantas herbáceas está dominadas por árbores tolerantes ao sal.
A maioría das marismas salinas teñen unha topografía baixa con baixas elevacións pero unha vasta área, o que as fai moi populares para a xente.Bromberg-Gedan, K., Silliman, B. R., and Bertness, M. D. (2009). "Centuries of human driven change in salt marsh ecosystems", Annual Review of Marine Science, 1: 117–141. Están localizadas entre diferentes accidentes xeográficos coas súas características físicas e xeomorfolóxicas. Entre estes accidentes xeográficos das marismas están as marismas deltaicas, de estuario, de tras-barreira, de costa aberta, de baía e de ría. As marismas deltaicas están asociadas con grandes ríos como moitas no sur de Europa, como a Camargue, Francia, no delta do Ródano, ou no do Ebro en Cataluña, ou no delta do Mississippi nos Estados Unidos. En Nova Zelandia, a maioría das marismas salinas fórmanse na zona inicial interior dos estuarios en áreas onde hai pouca acción da ondada e unha alta sedimentación.Te Ara – The Encyclopedia of New Zealand (2005–2010). "Plants of the Estuary". Consultado o 15 de marzo de 2010 Tales marismas están localizadas no Parque Rexional de Awhitu en Auckland, no estuario do Manawatū e no do Avon Heathcote / Ihutai en Christchurch. As marismas tras-barreira son sensibles á remodelación das barreiras no lado que dá a terra. Son comúns ao longo de gran parte da costa leste dos Estados Unidos e das illas Frisias. As baías costeiras pouco profundas e grandes poden albergar marismas salinas con exemplos como a baía de Morecambe e Portsmouth en Gran Bretaña e a Baía de Fundy en América do Norte.
As marismas salinas están ás veces incluídas en albufeiras e a diferenza non é moi marcada; a albufeira da lagoa de Venecia en Italia, por exemplo, contén o tipo se de seres vivos que pertencen ao ecosistema marisma. Teñen un grande impacto na biodiversidade da área. A ecoloxía das marismas salinas comprende redes tróficas que inclúen produtores primarios (plantas vasculares, macroalgas, diatomeas, epífitas e fitoplancto), consumidores primarios (zooplancto, macrozoos, moluscos, insectos) e consumidores secundarios.Vernberg, F. J. 1993. Salt-Marsh Processes: A Review. Environmental Toxicology and Chemistry 12:2167–2195.
A baixa enerxía física e as herbas altas proporcionan un refuxio aos animais. Moitos peixes mariños usan marismas salinas como terreos de crianza para os peixes novos antes de que se vaian a augas abertas. As aves poden criar os seus fillos entre as herbas altas, porque as marismas proporcionan tanto refuxio dos predadores coma fontes de comida abundantes, como peixes atrapados en pozas, insectos, marisco e vermes.Scott, D. B., J. Frail-Gauthier, and P. J. Mudie. 2014. Coastal wetlands of the world: geology, ecology, distribution and applications. Cambridge University Press, Nova York
Distribución no mundo
Mcowen et al. en 2017 maparon as marismas salinas de 99 países (practicamente de todo o mundo). Representáronse un total de 5.495.089 hectáreas de marismas salinas de 43 países e territorios en polígonos en formato shapefile de Sistemas de Información Xeográfica. Esta estimación está no extremo relativamente baixo de estimacións previas (2.2–40 Mha). Un estudo posterior estimou de forma conservadora a extensión das marismas salinas globais en 90.800km2 (9.080.000 hectáreas). As marismas máis extensas do mundo atópanse fóra dos trópicos, incluíndo concretamente as costas baixas, costas libres de xeo, baías e estuarios de Atlántico Norte que están ben representados no seu conxunto de datos de polígonos global.
Formación
A formación empeza a partir dunha chaira mareal que aumenta a súa elevación con respecto ao nivel do mar pola acreción de sedimentos e seguidamente debe diminuír a frecuencia e duración do asolagamento mareal para que a vexetación poida colonizar a superficie exposta.Pethick, J. (1984). An introduction to coastal geomorphology. Edward Arnold, Londres. A chegada de propágulos de especies pioneiras como sementes ou porcións de rizomas combínase co desenvolvemento de condicións axeitadas para a súa xerminación e establecemento no proceso de colonización. Cando os ríos e regatos chegan ao gradiente baixo das chairas mareais, o caudal redúcese e o sedimento en suspensión deposítase sobre a superficie da chaira mareal, ao que tamén axuda o efecto das correntes da subida da marea. As matas de algas verde-azuladas filamentosas poden fixar sedimentos de tamaño do limo e a arxila ás súas vaíñas pegañentas ao contacto,Ginsburg, R. N., and Lowenstam, H. A. (1958). "The influence of marine bottom communities on the depositional environment of sediments". The Journal of Geology, 66: (3), 310–318. o cal pode tamén incrementar a resistencia á erosión dos sedimentos.Aspden, R. J., Vardy, S. and Paterson, D. M. (2004). Salt marsh microbial ecology: microbes, benthic mats and sediment movement. In Fagherazzi, S., Marani, M. and Blum, L. K. (Eds), The Ecogeomorphology of Tidal Marshes (pp. 115–136). American Geophysical Union, Washington, DC. Isto axuda ao proceso de acreción de sedimentos que permite que crezan as especies colonizadoras (por exemplo, Salicornia spp.). Estas especies reteñen o sedimento arrastrado pola subida da marea arredor dos seus talos e follas e forman moreas de lama baixas que finalmente se xuntan formando terrazas deposicionais, cuxo crecemento cara a arriba está favorecido por unha rede de raíces subsuperficiais que mantén unido o sedimento.Bird, E. (2008). Coastal geomorphology: an introduction. John Wiley & Sons Ltd, West Sussex, England. Unha vez que a vexetación se estabiliza en terrazas deposicionais, un maior atrapamento e acreción de sedimentos pode permitir un rápido crecemento cara arriba da superficie da marisma tal que hai un decrecemento rápido asociado na profundidade e duración do asolagamento mareal. Como resultado, as especies competitivas que prefiren maiores elevacións do terreo en relación ao nivel do mar poden habitar na área e a miúdo desenvólvese unha sucesión de comunidades de plantas.
Asolagamento mareal e zonación da vexetación miniatura|300px|right|Unha marisma salina costeira atlántica en Connecticut. As marismas salinas costeiras poden distinguirse dos hábitats terrestres polo fluxo de mareas diario que periodicamente asolaga a área. É un proceso importante na fornecemento de sedimentos, nutrientes e auga para as plantas da marisma. A maiores elevacións na zona superior da marisma, hai moito menos fluxo mareal, o que ten como resultado menores niveis de salinidade. A salinidade do solo na zona inferior da marisma é bastante constante debido ao fluxo mareal diario. Porén, na marisma superior, a variabilidade na salinidade é resultado do asolagamento menos frecuente e as variacións climáticas. As precipitacións de chuvia poden reducir a salinidade e a evapotranspiración pode incrementarse durante os períodos secos. Como resultado, hai microhábitats poboados por diferentes especies de flora e fauna dependendo das súas capacidades fisiolóxicas. A flora dunha marisma salina diferénciase en niveis de acordo coa tolerancia de cada planta á salinidade e aos niveis da táboa de auga. A vexetación atopada na auga debe poder sobrevivir a concentracións altas de sal, á submersión periódica e a un certo grao de movemento de auga, mentres que as plantas que están máis no interior na marisma poden ás veces experimentar condicións secas e baixas en nutrientes. As zonas superiores da marisma limitan as especies por medio da competición e a falta de protección do hábitat, mentres que as zonas inferiores da marisma están determinadas pola capacidade das plantas de tolerar os estreses fisiolóxicos como a salinidade, a submersión na auga e os niveis baixos de oxíxeno.Bertness, MD, Ewanchuk, PJ, Silliman, BR (2002). "Anthropogenic modification of New England salt marsh landscapes". Proceedings of the National Academy of Sciences 99(3): 1395–1398.Rand, TA (2000). Seed Dispersal, Habitat Suitability and the Distribution of Halophytes across a Salt Marsh Tidal Gradient. Journal of Ecology 88(4): 608–621. miniatura|Marisma alta no Parque Mariño do Centro de Natureza da Marisma Salina de Brooklyn, Nova York
A marisma salina de Nova Inglaterra está suxeita a fortes influencias mareais e mostra padróns distintivos de zonación. En áreas de marisma baixa con alto asolagamento mareal, domina un monocultivo de Spartina alterniflora, despois dirixíndose ao interior, vense zonas de feo salino, Spartina patens, Juncus roemerianus, Juncus gerardii e o arbusto Iva frutescens, sucesivamente. Todas estas especies teñen diferentes tolerancias que crean diferentes zonas ao longo da marisma máis axeitadas para cada unha.