Antón Masa Vázquez, nado o 18 de agosto de 1950 en Santiago de Compostela, é un ecoloxista e biólogo, presidente da Asociación Pola Defensa da Ría.
Traxectoria Nado en Santiago nunha familia numerosa, oito irmáns, realizou alí todos os seus estudos. Na universidade desta cidade iniciou a carreira de Bioloxía en 1967. Viviu as mobilizacións estudantís daqueles anos, iniciándose na militancia política e no activismo social. Militou na Mocidade Galega Revolucionaria e en movementos antimilitaristas. Finalizados os estudos foi a vivir a Pontevedra, onde comezou a traballar na Misión Biolóxica de Galicia. No ano 1987 participou na fundación da Asociación Pola Defensa da Ría, organización que pasou a presidir en 1997.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
A playlist de...#59 Antón Masa. - Pontevedra Viva Radio (17/06/2017).
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Ecoloxistas de Galicia Categoría:Nados en 1950