Lucio Cornificio (en latín: Lucius Cornificius) foi un político e militar romano, membro da plebea gens Cornificia, que ocupou o consulado no ano 35 a. C.

Traxectoria

Familia Polo seu praenomen, probablemente era fillo do acusador de Tito Annio Milón.

Carreira política No 43 a. C., Cornificio, como tribuno da plebe exerceu a acusación fronte a Marco Xunio Bruto perante o tribunal que xulgou os asasinos de Xulio César, no marco da aplicación da Lex Pedia.Broughton 1952, p. 339 No 38 a. C., Augusto deulle o mando sobre a frota que se enfrontou a Sexto Pompeio, e distinguiuse militarmente nas batallas que tiveron lugar ao redor das costas de Sicilia, chegando a capturar o barco de Demócares, o almirante da frota pompeiana.Broughton 1952, p. 393

No 36 a. C. tivo o mando de parte dun exército que desembarcou en Sicilia e logrou liquidar unha difícil situación ao levar ás súas tropas, compostas por tres lexións, sas e salvas desde Tauromenio até Mylae, onde se atopaba o exército de Marco Vipsanio Agripa.Broughton 1952, p. 404 Por todos estes servizos recibiría a honra do consulado no 35 a. C.

En 35 a. C. sucedeu a Tito Estatilio Tauro no goberno da provincia de África, co probable título de procónsul,Broughton 1952, p. 412 e 416 cargo que exerceu até o 32 a. C., celebrando un triunfo ex Africa o 3 de decembro dese ano.Broughton 1952, p. 419 Dise de Cornificio que, por salvar a vida dos seus soldados, se consideraba co dereito de viaxar á súa casa en Roma nun elefante cada vez que ceaba fóra.

Como outros xenerais de Augusto, tivo que investir parte do seu patrimonio para embelecer a cidade e construíu o templo de Diana no Aventino.Plutarco; Vidas Paralelas, Brutus 27Apiano, De bellis civilibus libro v. 80, 86, 111-115Dión Casio, Historia Romana, libro XIX. 5-7, 18Veleio Patérculo, Historia Romana, libro II. 79Suetonio, De vita Caesarum Augusto 29

Atribúeselle a obra Rhetorica ad Herennium, pero tamén podería corresponder a Quinto Cornificio o MozoSmith 1841, p. 858 ou a outra persoa da mesma gens.Quintiliano, Institutio oratoria libro iii. 1 § 21, libro ix. 3 §§ 89, 98

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Cónsules romanos na República

Ligazóns externas

Categoría:Tribunos da plebe Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século -I