Don Giovanni Records é un selo discográfico independente especializado orixinalmente no punk rock da escena musical de New Brunswick, Nova Jersey, aínda que no presente traballa con artistas de distintos xéneros.
A discográfica é coñecida por desenvolver as carreiras de artistas como Screaming Females, Mitski, Waxahatchee, Laura Stevenson, e Moor Mother, así como por fomentar unha comunidade xeograficamente diversa de artistas, como Mal Blum, o músico nativo americano Keith Secola, o fundador de Holy Modal Rounders Peter Stampfel, Lavender Country, Swamp Dogg, Alice Bag, e o cómico Chris Gethard.
Historia Don Giovanni Records foi fundado por Joe Steinhardt e Zach Gajewski no ano 2004 mentres vivían en Boston. Steinhardt e Gajewski iniciaron o selo mentres tocaban en bandas e estudaban na Universidade de Boston onde se coñeceron. Tras graduarse trasladáronse a New Brunswick, de onde era Steinhardt, para poder dedicarse a tempo completo á empresa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina do selo
Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Nova Jersey