O Boletín Oficial de Galicia foi a publicación periódica oficial de Galiza desde 1833 até 1834.
Historia Foi creado polo real decreto de 20 de abril de 1833. Posto en poxa, conseguiuno Arza polo resto do ano e o seguinte, mais imprimiuno Iguereta.
Comezou a publicación en 1 de setembro de 1833. Tiña catro páxinas, imprimíase co rodapé de «Imprenta del Boletín», e saía tres días á semana: domingo, terza e sexta feira. Mediante real orde de 21 de novembro suprimiuse o número do domingo para reducir o custo, con efectos a partir de 1 de decembro.
Publicouse até a fin de maio de 1834, cando foi substituído polos boletíns oficiais das novas catro provincias galegas ó se abolir o reino de Galiza como referente administrativo nunha reforma territorial que instaurou un Estado centralizado chamado España.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Diario Oficial de Galicia
Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos