10 dólares Cabeza India "10 Dollars Indian Head - No motto". Numista.com"10 Dollars Indian Head - With motto". Numista.com320x320pxA/: busto da Liberdade cara á esquerda cun toucado de plumas indias. 13 estrelas na parte superior Lenda: LIBERTY (no diadema).R/: aguia sobre feixe de frechas e póla de oliveira. Valor facial non exergo. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / IN GOD WE TRUST (só a partir de 1908) / TEN DOLLARS Datas: 1907-1933 Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Deseño: Augustus Saint-Gaudens. Aliaxe: Ouro (90%) e cobre (10%). Tiraxe total: Diámetro: 26,92 mm. Grosor: 2,02 mm. Peso: 16,71 g. Canto: 46 estrelas (ata 1911) / 48 estrelas (desde 1912). A moeda de 10 dólares Cabeza India (en inglés: Indian Head Eagle) é unha moeda de ouro co valor facial de 10 dólares que foi emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos de xeito continuo desde 1907 ata 1916, e despois de forma irregular ata 1933.

Tanto o anverso como o reverso desta moeda foron deseñados polo escultor Augustus Saint-Gaudens, quen non chegou a ver a moeda en circulación, xa que faleceu en agosto de 1907, antes do seu lanzamento oficial.

A partir de 1904, o presidente Theodore Roosevelt propuxo novos deseños máis artísticos para as moedas estadounidenses, o que levou a US Mint a contratar a Saint-Gaudens para os crear. Ao principio, Roosevelt e Saint-Gaudens consideraron a posibilidade de crear un deseño uniforme para os catro valores faciais cuñados en ouro, pero en 1907 Roosevelt decidiu utilizar para o anverso da moeda de 10 dólares —tamén coñecida como eagle ("aguia")— un modelo que o escultor concibira inicialmente para a moeda dun centavo. Para o reverso da moeda de 10 dólares, o presidente decidiuse por un deseño que amosaba unha aguia calva en pé que fora desenvolvido para a moeda de 20 dólares —"dobre aguia"— tamén obra de Saint-Gaudens, en tanto que o anverso amosaba un busto da Liberdade cara á esquerda cun toucado de plumas indias.

A moeda esculpida por Saint-Gaudens tiña un relevo demasiado alto para que a Casa da Moeda puidese cuñala doadamente, e tardou meses en modificar o deseño para que a moeda puidese cuñarse cun só golpe das prensas. Saint-Gaudens finou o 3 de agosto de 1907, e Roosevelt insistiu en que a nova moeda de 10 dólares se terminase e se cuñase ese mesmo mes. O 31 de agosto entregáronselle ao presidente unhas probas que difiren das moedas cuñadas posteriormente para a circulación.

A omisión do lema In God We Trust ("En Deus confiamos") nas novas moedas provocou a indignación da poboación e levou o Congreso a aprobar un proxecto de lei que ordenaba a súa inclusión. Así as cousas, o gravador xefe da Casa da Moeda, Charles E. Barber, engadiu as palabras e introduciu de paso pequenas modificacións no deseño.

A moeda de 10 dólares Indian Head cuñouse regularmente ata 1916, e despois de xeito intermitente ata que o presidente Franklin Roosevelt ordenou á Casa da Moeda que deixase de producir moedas de ouro en 1933. Con ela finalizou a serie de moedas de 10 dólares de ouro cuñadas para a circulación que se iniciara en 1795. Moitas destas moedas foron fundidas polo Goberno a finais da década de 1930; a emisión de 1933 é unha rareza particular, xa que se distribuíron moi poucos exemplares.

Inicio En 1904, o presidente Theodore Roosevelt escribiulle ao secretario do Tesouro, Leslie Mortier Shaw, queixándose de que a cuñaxe de moeda estadounidense carecía de mérito artístico, e suxeriulle que o Tesouro contratase un artista privado para preparar novos deseños de moedas, como o escultor Augustus Saint-Gaudens.Burdette, R. W. (2007). Páxina 19. Atendendo a suxestión de Roosevelt, a Casa da Moeda contratou a Saint-Gaudens para redeseñar o centavo e as catro moedas de ouro do sistema: os 20 dólares (dobre aguia), os 10 dólares (aguia), os 5 dólares (media aguia) e os 2½ dólares (cuarto de aguia). O deseño coñecido como Liberty Head ("cabeza da Liberdade") cuñárase por primeira vez na moeda de 10 dólares en 1838;Yeoman, R. S. (2014). Páxina 268. e a derradeira incorporación a esa serie foi a moeda de 20 dólares Liberty Head, cuñada por primeira vez para a circulación en 1850.Yeoman, R. S. (2014). Páxina 275. Os deseños desas pezas permaneceran sen cambios durante máis de 25 anos, o que posibilitaba que puidesen cambiarse sen unha lei do Congreso.Burdette, R. W. (2007). Páxina 20.

En 1905, o gravador da Casa da Moeda Charles E. Barber gravou o anverso da medalla de inauguración de Roosevelt, en tanto que o seu axudante George T. Morgan se encargou do gravado do reverso. A Roosevelt non lle gustou o traballo e contratou a Saint-Gaudens para que deseñase unha medalla non oficial conmemorativa da inauguración.Vermeule, C. (1971). Páxinas 108-109. Saint-Gaudens previu a resistencia de Barber no asunto da nova cuñaxe e, neste sentido, escribiulle ao seu irmán Louis: "Barber é un S.O.A.B. ["fillo de puta"], mais tiven unha charla co presidente, quen lle ordenou ao secretario Shaw na miña presenza que lle cortase a cabeza a Barber se non cumpría as nosas ordes".Moran, M. F. (2008). Páxina 219. miniatura|194x194px|Este reverso da medalla inaugural de Saint-Gaudens de 1905 amosa unha aguia en pé similar á da moeda de 10 centavos. Roosevelt ficou impresionado por uns modelos que Saint-Gaudens preparara para a moeda dun centavo nos que aparecía unha cabeza da Liberdade. A principios de 1907, escribiu a Saint-Gaudens para lle propor que se engadise un gorro de guerra indio ao anverso do centavo: "Creo firmemente que polo menos nunha moeda deberiamos ter o toucado de plumas indio. É claramente americano e moi pintoresco. Non se podería ter unha cabeza como a de agora, pero co toucado de plumas?".Burdette, R. W. (2006). Páxinas 83-84. O historiador numismático Walter Breen describe isto como "a absurda adición dun gorro de plumas",Breen, W. (1988). Páxina 558. e o historiador de arte Cornelius Vermeule afirma que os 10 dólares Cabeza India "non chegaron a ser unha gran moeda porque Roosevelt interferiu" no seu deseño.Vermeule, C. (1971). Páxina 115. Non obstante, Saint-Gaudens engadiulle o toucado á cabeza da Liberdade en febreiro de 1907.Burdette, R. W. (2006). Páxina 84. Estaba indeciso sobre que deseño utilizar para as pezas de ouro, que aínda debían ter un aspecto uniforme, e propuxo utilizar tamén o toucado da Liberdade para a moeda de 20 dólares. Mais Roosevelt decidiu provisionalmente utilizar deseños diferentes en ambas as moedas, deixándolle á moeda de 10 dólares o toucado da Liberdade. Pola súa banda, a moeda de 20 dólares de Saint-Gaudens amosaría a unha Liberdade camiñando cara a adiante, cunha aguia voando no reverso. O presidente estaba disposto a reunirse persoalmente con Saint-Gaudens se este se opuña, pero o escultor estaba gravemente enfermo de cancro e non se chegou a celebrar reunión ningunha.Burdette, R. W. (2006). Páxina 209. miniatura|190x190px|Modelo en xeso de Saint-Gaudens do deseño da Liberdade para o centavo. Roosevelt insistiu en lle engadir un toucado de plumas de indio. O director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, George E. Roberts, escribiulle a Saint-Gaudens o 25 de maio de 1907: "Agora está decidido [...] o deseño para a moeda de 10 dólares será a cabeza de plumas da Liberdade coa aguia de pé". Saint-Gaudens e os seus axudantes avanzaron axiña na revisión, e enviou modelos da nova moeda o 1 de xuño cunha carta na que se indicaba que o relevo dos novos modelos debía ser cuñable pola Casa da Moeda. As moedas de 20 dólares estaban a demorarse porque Saint-Gaudens enviara dúas veces á Casa da Moeda modelos cun relevo demasiado alto, que non podía cuñarse dun só golpe, como se requiría para a moeda circulante.Burdette, R. W. (2006). Páxina 98. A súa carta foi remitida á Ceca de Filadelfia, onde o superintendente John Landis fixo que o gravador xefe, Charles E. Barber, a lese e puxese as súas iniciais. O 7 de xuño, Barber respondeu a Landis:Burdette, R. W. (2006). Páxina 99.

miniatura|194x194px|Un modelo de metal para a moeda de 20 dólares de Saint-Gaudens, que finalmente se adoptou para a de 10 dólares. Roberts escribiulle a Saint-Gaudens o 11 de xuño e suxeriulle que podería haber problemas coa data e co relevo; non recibiu resposta e volveu escribir o 18 de xuño. Esta vez o escultor respondeulle que estivera esperando o regreso do seu axudante Henry Hering, que se encargara de gran parte das xestións coa Casa da Moeda. Estaba de acordo en que os números romanos non eran aconsellables para a moeda de 10 dólares e enviou novos modelos á Casa da Moeda o 24 de xuño. Barber utilizou estes modelos para preparar un cuño, xunto cunha fundición de bronce que se produciu de xeito privado, e a Casa da Moeda cuñou pezas experimentais o 19 de xullo. Estas pezas de "alto relevo" requiriron varios golpes de prensa para realzar completamente o deseño. Saint-Gaudens escribiu á Casa da Moeda a mediados de xullo: "estou esperando saber sobre isto para proceder cos outros relevos", e envióuselle unha das novas pezas, xunto cunha moeda de 10 dólares do modelo Liberty Head para comparar.Burdette, R. W. (2006). Páxinas 100-101.

O 19 de xullo, Roberts envioulle un par de moedas similares ao secretario do Tesouro George Cortelyou, e sinalou que Saint-Gaudens utilizaba un acabamento suave para o deseño en lugar da cuñaxe afiada característica das pezas de ouro da Liberdade, e suxeriu que isto podería fomentar a falsificación. Roberts comunicoulle estas preocupacións a Saint-Gaudens, quen solicitou moldes dos cuños utilizados para cuñar as novas pezas; os moldes foron enviados á súa casa en Cornish, Nova Hampshire, o 28 de xullo.Burdette, R. W. (2006). Páxina 102. Saint-Gaudens morreu alí de cancro o 3 de agosto de 1907, e Roosevelt escribiulle á súa viúva Augusta: "considero un dos privilexios da miña Administración terlle encargado dúas das nosas moedas".Burdette, R. W. (2006). Páxina 105.

Preparativos miniatura|193x193px|O director da Casa da Moeda, George E. Roberts (nesta medalla da Casa da Moeda, deseñada por Barber), deixou o cargo o 31 de xullo de 1907. Roberts deixou o cargo o 31 de xullo de 1907 para se converter en presidente do Commercial National Bank de Chicago. O seu sucesor, o daquela superintendente da Ceca de San Francisco, Frank A. Leach, non tomou posesión ata o 1 de novembro, e por iso o antigo director da Casa da Moeda, Robert Preston, actuou como director interino.

O 7 de agosto, Roosevelt ordenou ao secretario Cortelyou que os deseños das moedas de 10 e de 20 dólares estivesen terminados e en produción o 1 de setembro. Con Landis de vacacións,Moran, M. F. (2008). Páxina 307. Cortelyou pasoulle a carta do presidente ao superintendente en funcións da Ceca de Filadelfia, Albert A. Norris, e deulle instrucións para que "se ocupase deste asunto de inmediato e levase a cabo as instrucións do presidente; e que se fixese todo o posible para acelerar o traballo".Burdette, R. W. (2006). Páxina 106. Preston escribiulle a Roberts para lle solicitar información sobre a nova cuñaxe, e o ex director da Casa da Moeda respondeulle o 12 de agosto, esbozando a correspondencia con Saint-Gaudens e sinalando: "non se recibiron instrucións do presidente en relación ás moedas de 5 e de 2½ dólares, pero eu esperaba que o deseño da moeda de 10 dólares se utilizaría nelas". O presidente decidiu deixar as moedas dun centavo e as cuñadas en níquel sen cambios".Burdette, R. W. (2006). Páxinas 106-107.