Maidan (en ) é un filme ucraíno-neerlandés de 2014 dirixido por Sergei Loznitsa. O filme céntrase no movemento Euromaidan de 2013 e 2014 en Maidan Nezalezhnosti (Praza da Independencia) que aconteceu na capital de Ucraína, Kíiv. Foi filmado durante as protestas e representa diferentes aspectos da revolución, dende as concentracións pacíficas ata enfrontamentos sanguentos entre policías e civís. Estreouse o 21 de maio de 2014 no Festival Internacional de Cinema de Cannes. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 12 de decembro de 2014.
Sinopse O filme explora e segue as protestas e a violencia na Maidan Nezalezhnosti (Praza da Independencia) de Kíiv que levaron ao derrocamento do presidente Viktor Yanukovych.
Estrea Logo da súa estrea internacional en Cannes, o filme estreouse nos cinemas de Francia o 23 de maio de 2014, e nos de Ucraína o 24 de xullo de 2014. Tivo unha estrea limitada nos Estados Unidos o 12 de decembro de 2014, antes de difundirse internacionalmente o 20 de febreiro de 2015, cadrando coa data da revolución en Ucraína. En abril de 2018, o filme aínda non se mostrou en Rusia.
Acollida O filme recibiu unha acollida positiva por parte da crítica. O agregador de críticas Rotten Tomatoes informou que o 100% dos 24 críticos de cinema deron unha valoración positiva ao filme, cunha valoración media de 7,91 sobre 10. En Metacritic, que asigna unha media ponderada entre 100 valoracións dos críticos cinematográficos, o filme ten unha puntuación media de 86, baseada en 9 críticas, o que indica unha resposta de "aclamación universal".
Leslie Felperin de The Hollywood Reporter deulle unha crítica positiva ao filme e dixo que "este abraiante filme de escala épica remóntase ás raíces heroicas e xornalísticas da elaboración de documentais e aínda se sente inefablemente moderno e formalmente atrevido". Na súa recensión para Variety, Jay Weissberg escribiu que "En contraste coa maioría dos documentais feitos a raíz dun evento histórico, "Maidan" durará máis aló da actual convulsión ucraína para ser unha testemuña convincente e unha resposta modelo a un momento seminal demasiado fresco para ser procesado por completo". Lee Marshal, ao revisar o filme para Screen International, dixo que "mesmo no medio dos molotovs, o documento sincero e memorable de Loznitsa conserva a súa fascinación por eses pequenos detalles que nos fan humanos, e fan que pague a pena loitar pola democracia". Michael Atkinson de The Village Voice chamouno "facilmente o filme máis rigorosa, vital e poderoso de 2014, Maidan" de Sergei Loznitsa pode ser unha máquina de cinema baziniano perfecta: a realidade é capturada, cristalizada, honrada pola súa complexidade orgánica, e entregada non envelenada por exposición ou énfase". Andrew Pulver, nunha recensión para The Guardian, declarou: "En certos aspectos é perfecto, na súa negativa ao estilo de Eisenstein a comprometer a idea da multitude como participante clave. Noutras formas, porén, a súa severidade dificultao".
Howard Feinstein de Filmmaker Magazine escribiu que "Maidan é fermoso aínda que estridente. Nunca traspasa a liña de estetizar a revolución, o sufrimento e a brutalidade que a acompañan. A súa habilidade deriva da precisión obsesiva. Rexistras Maidan do mesmo xeito que fai os coñecidos cadros de terror da, por exemplo, a guerra civil española e a Revolución Francesa: non é unha interpretación, senón unha obra de arte que recolle a verdade dun momento histórico". Daniel Walber de Nonfics, considerou o filme "un retrato dun pobo, un lugar e un momento máis ca unha disertación sobre o seu contexto ou implicacións. É un cinema cru e inquebrantable para unha nación con problemas nun momento grande e terrible". Oleg Ivanov de Slant Magazine deulle ao filme tres de cada catro estrelas, escribindo que "pon ao espectador dentro de Maidan, permitíndolle sacar as súas propias conclusións sobre as ideas e axendas defendidas polos líderes e participantes do movemento".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lilya Kaganovsky Review of Maidan // Slavic Review. — 2015. — Vol. 74, iss. 4. — P. 894–895. — DOI:10.5612/slavicreview.74.4.894.
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua ucraína Categoría:Filmes de Ucraína Categoría:Filmes dos Países Baixos Categoría:Filmes dirixidos por Sergei Loznitsa