The Dead Milkmen é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1983 en Filadelfia, Pensilvania. A súa formación orixinal consistía no vocalista e teclista Rodney Linderman ("Rodney Anonymous"), o guitarrista e vocalista Joe Genaro ("Joe Jack Talcum"), o baixista Dave Schulthise ("Dave Blood") e o batería Dean Sabatino ("Dean Clean").
A banda distinguiuse na escena hardcore punk de principios dos 80 polo seu son punk jangly e o seu humor sardónico entregado cun forte acento de Filadelfia. O grupo chamou a atención das emisoras de radio universitarias co seu álbum de estrea de 1985, Big Lizard in My Backyard, e co tema "Bitchin' Camaro". Longas xiras e máis lanzamentos axudaron á banda a conseguir máis seguidores no underground.
The Dead Milkmen conseguiu éxito internacional coa canción "Punk Rock Girl", un sinxeo do seuálbum de 1988 Beelzebubba que foi emitido regularmente na MTV. Despois dunha temporada desafortunada co selo Hollywood Records, de problemas de saúde e frustracións coa industria a raíz do seu éxito a banda separouse en 1995.
O grupo reuniuse en 2008, con Dan Stevens substituíndo ao falecido Dave Schulthise. En 2011 publicaron The King in Yellow, o seu primeiro álbum de estudio en 16 anos. Dende entón a banda realiza xiras esporadicamente e publica novo material de cando en vez.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloBig Lizard in My Backyard1985Restless RecordsEat Your Paisley!1986Restless RecordsBucky Fellini1987Enigma RecordsBeelzebubba1988Enigma RecordsMetaphysical Graffiti1990Enigma RecordsSoul Rotation1992Hollywood RecordsNot Richard, But Dick1993Hollywood RecordsStoney's Extra Stout (Pig)1995Restless RecordsThe King in Yellow2011autoeditadoPretty Music for Pretty People2014Quid Ergo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Filadelfia, Pensilvania Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1983