Mira Murati nada en Albania ou en San Francisco en 1985 ou, segundo outras fontes en 1988, é unha desenvolvedora de software albanesa radicada nos Estados Unidos. Como CTO (Chief Technology Officer) de OpenAI, está implicada no desenvolvemento de DALL-E. The Times cítaa como "a creadora de ChatGPT". Murati uniuse a OpenAI en 2018, exercendo como CTO da compañía e, desde novembro de 2023, asumiu como a CEO interina de OpenAI, substituíndo a Sam Altman que foi despedido por non ter o consello confianza na súa capacidade de comunicarse co mesmo. Foi substituída aos dous días por Emmett Shear.
Traxectoria Mira Murati licenciouse en Enxeñaría Mecánica polo Dartmouth College, tras o cal realizou unhas prácticas de verán como analista en Goldman Sachs. Despois, en 2012, traballou como enxeñeira na empresa aeroespacial francesa Zodiac Aerospace. Máis tarde foi nomeada xefa de produto en Tesla para o seu vehículo Model X. Despois traballou como vicepresidenta de Produto e Enxeñaría en Leap Motion, unha empresa de software e hardware que fabrica controladores que permiten aos usuarios manipular obxectos dixitais cos movementos das súas mans cando están conectados a un ordenador. En Leap Motion tamén lanzou un novo software deseñado para o seguimento manual en realidade virtual.
En 2023 como CTO de OpenAI foi a creadora de ChatGPT e dunha Intelixencia Artificial (IA) que xera obras de arte a partir de pautas dadas. En 2022 lanzouse previamente ChatGPT, un robot adestrado para manter conversas e escribir textos. Mira Murati considera que ChatGPT é unha oportunidade para a educación, aínda que hai que establecer normas e límites no seu uso diario. Considera que deben ser os gobernos os que regulen o uso da Intelixencia Artificial e non as empresas e que os filósofos, humanistas, artistas e científicos sociais teñen que participar na reflexión colectiva sobre este tema.
De feito, afirma que as implicacións éticas desta tecnoloxía están tan presentes no seu equipo, que parte dos seus colaboradores son filósofos e sociólogos que non deixan de cuestionar as consecuencias sociais para adiantarse e axudar aos usuarios a evitar resultados indesexados.
Notas
Categoría:Nados en Albania Categoría:Nados en 1985 Categoría:Programadores Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Investigadores da intelixencia artificial