Xacobe Medina Dacasa, nado en Pontevedra en 2000, é un músico, licenciado en filosofía e escritor galego.

Traxectoria Estudou violín e viola no CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra e, aos 14 anos, era violinista titular da Orquesta de Niños Sinfónica de Galicia. Entre o 2015 e 2016 compuxo pequenas obras que foron interpretadas polo coro Luís García Limeses e a orquestra do Conservatorio de Pontevedra. Graduouse en Filosofía na USC en 2022 para facer a continuación un mestrado na mesma universidade. Comezou a publicar xa en 2017. É autor da canción "Tan largo el amor".

Obra En galego Ensaio

Adral da Filosofía (2018). Edición de autor. 196 páxs. ISBN 978-84-09-05249-3. Co mesmo formato dos Adral do seu bisavó Filgueira Valverde. Breve historia da normativización do galego (a verdade tras o Decreto Filgueira) (2024). Silleda: Fervenza. 88 páxs. ISBN 978-84-19840-15-8. Prólogo de Fina Casalderrey.

Narrativa Memorias dun profesor (2020). Silleda: Fervenza. 108 páxs. ISBN 978-84-18136-02-3. Relatos. miniatura|Presentando Lembranzas dun mestre subversivo no Museo de Pontevedra con Xesús Alonso Montero, María de Mar Carballo Feijoo e Fran Alonso, 2023.Lembranzas dun mestre subversivo (2023). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-304-6. ePub: ISBN 978-84-1110-320-6. Novela.

En castelán La vida actual según los dioses (2017). Edición de autor. 114 páxs. ISBN 978-84-9946-563-0.

Vida persoal É bisneto de Xosé Filgueira Valverde. miniatura|Presentación de Breve historia da normativización do galego no Museo de Pontevedra, con Rafael Domínguez e Fina Casalderrey, 1/3/2024

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 2000