Cities: Skylines II é un videoxogo de construción de cidades producido por Colossal Order e publicado por Paradox Interactive en 2023. O xogo é unha secuela de Cities: Skylines de 2015 e amplía a profundidade da simulación da cidade e o tamaño da poboación, cunha nova IA de tráfico mellorada e novos esquemas de xestión. Foi lanzado para Windows o 24 de outubro de 2023. Estaba previsto o lanzamento para PlayStation 5 e Xbox Series X/S para outubro de 2024, pero posteriormente foi atrasado indefinidamente. A recepción crítica eloxiou o videoxogo pero criticou os seus requisitos de rendemento e outros fallos técnicos no lanzamento.
Notas
Categoría:Videoxogos de construción de cidades Categoría:Videoxogos de Paradox Interactive Categoría:Videoxogos de PlayStation 5 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Finlandia Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox Series X e Series S Categoría:Videoxogos de 2023