Paio Rodríguez (fl. 985–1007) foi un importante nobre e conde en Galiza e León cunha presenza regular nas cortes de Vermudo II (984–999) e Afonso V (999–1028).

Traxectoria A súa ascendencia é descoñecida xa que non figura en ningún documento conservado. Algúns historiadoresRubén García Álvarez opinan que foi membro da familia fundadora do mosteiro de Lourenzá, fillo de Rodrigo Gotérrez (fl. 945–992) e neto do conde Goterre Osorio e da súa esposa Aldonza Méndez, filla de Hermenexildo Gotérrez. Mais outrosJulia Montenegro Valentín consideran que esta filiación é improbable xa que ningún dos seus descendentes — como era tradición naquela época — levou o nome de Goterre, e opinan que puido ser irmán do conde Munio Rodríguez, fillos dun hipotético Rodrigo Fernández.

O documento máis antigo que o menciona polo seu nome data do ano 976, pero é considerado falso por Emilio Sáez. A próxima vez que aparece no rexistro histórico é o 8 de xullo de 985, como testemuña dunha doazón ao mosteiro de Sahagún. Aparece concorrentemente nas cartas reais ata a súa última aparición, o 1 de febreiro de 1007, nunha copia do século XII dunha carta de Afonso V para o mosteiro de Celanova que contén o nome de Pelagius Hosterici, poderíase tratar dun erro na escrita de Roderici.

Revolta contra Vermudo II Coma aliado dos condes de Saldaña, rebelouse con Gonzalo Vermúdez e Munio Fernández contra Vermudo II, e conseguiu expulsar ao monarca á Galiza entre novembro de 991 e setembro de 992. Despois da revolta foille restaurado axiña o favor real.

Matrimonio e descendencia Casou con Gotina Fernández de Cea (m. despois de 1028), filla de Fernando Vermúdez de Cea e Elvira Díaz. Era irmá de Ximena Fernández, raíña de García Sánchez II de Pamplona, e polo tanto tía de Sancho III. Ela outorgoulle moitas terras en Galiza e en León. Ela uniuse ao seu fillo, Fernando Páez e á súa muller para facer unha doazón a San Millán de la Cogolla o 13 de novembro de 1028, a última vez que se rexistra, como donna Gutina.

Os fillos deste matrimonio foron:

Fernando Páez, marido da condesa Elvira Sánchez, filla do conde Sancho Gómez de Saldaña e de Toda García, filla esta última de García Fernández, conde de Castela e Ava de Ribagorza. Fronilde Páez, casada con Ordoño Vermudez, fillo bastardo do rei Vermudo II. Deste matrimonio descenden os Ordóñez galegos. Un dos fillos deste matrimonio foi o conde Sancho Ordóñez. Elvira Páez, muller do conde Fernando Flaínez, pais de varios fillos, entre eles o conde Diego Fernández de Oviedo, pai de Ximena Díaz, muller de Rodrigo Díaz de Vivar. Mariña Páez.

Notas

Categoría:Condes de Galicia Categoría:Condes de León Categoría:Nobres de León Categoría:Finados en 1007 Categoría:Nobres de Galicia do século X Categoría:Nobres de Galicia do século XI