Francisco Javier Lorenzo Oroza, coñecido como Xavier Lorenzo, nado en Viveiro en 1958 e finado na Coruña o 29 de marzo de 2001, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Sobriño do poeta Carlos Oroza. Traballou como redactor en La Voz de Galicia, Antena 3 Radio, Caminos inolvidables de Galicia y del mundo. Foi director de informativos de TCN televisión. Era membro da ACPE-AS- de correspondentes de prensa estranxeira e correspondente acreditado do grupo israelí "Aurora" na UE. Colaborou con Jerusalem Post e El Correo Gallego, El Correo Español El pueblo Vasco. Foi membro do consello de redacción do semanario Mundo Hispánico en Suíza e colaborou na Televisión Helvética. Finou no Hospital Juan Canalejo da Coruña o 29 de marzo de 2001.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-3-2001, p. 57. Obra As gaviotas do cabo Morás, O porco espiño Xeremías, 1983. A viaxe de Irina, 1993.
O paxaro do Danubio.
A serra máxica, 1998.
En castelán
Ultimas noticias después del silencio, 1981. Una habitación en el Bósforo, 1997.
Recoñecementos
Premio Nacional de Estatística, 1992.
Premio Pastor Díaz de Novela por Una habitación en el Bósforo, 1995. Vida persoal Casou con Pilar Rego Fernández e foi pai de Noel Lorenzo Rego.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Galegos
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia