miniatura| Unha black house restaurada nun museo en Trotternishin (illa de Skye) miniatura| Museo Blackhouse, en Arnol Unha black house, blackhouse ou black-house (en gaélico escocés, t(a)igh-dubh; en gaélico irlandés, tí dubh ) é un tipo de casa tradicional nas Terras Altas de Escocia, as Hébridas e Irlanda.
Etimoloxía A orixe do nome, literalmente en galego, "casa negra" é controvertida. A palabra podería ter menos de 150 anos e podería ser sinónimo de "inferior". En Lewis, en particular, puido ser usado para distinguir as antigas casas dalgunhas das novas "casas brancas" (en gaélico escocés, taigh-geal; en gaélico irlandés, tí geal, tí bán ), con muros de pedra seguindo o estilo escocés harl. Tamén pode haber certa confusión sobre a semellanza fonética entre "dubh", que significa "negro" e " tughadh ", que significa "teito de palla".
Descrición Os edificios foron construídos en xeral con dobres muros de pedra seca con terra e cuberta de palla cuberta con palla de cereais ou xuncos. O chan era principalmente de baldosas, ou terra e había un fogar central para o lume. Non había cheminea pola que escapase o fume, pero se abría polo tellado.
As blackhouses servían para albergar tanto gando como persoas, polo que a xente vivía nun extremo e os animais no outro cunha separación entre eles.
As casas escocesas construíronse máis altas que anchas, pero nalgúns casos eran pequenas e anchas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Broch Crannóg Hébridas
Ligazóns externas
Highland Village Museum / An Clachan Gàidhealach, Iona, Nova Scotia Arquivado
Categoría:Cultura de Escocia Categoría:Irlanda Categoría:Cultura do Reino Unido Categoría:Arquitectura popular