Ramón Amadeo Figueroa Vilachá, nado en Noicela (Carballo) cara a 1903 e finado na Coruña o 7 de decembro de 1940, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Figueroa Lafuente e da mestra Dolores Vilachá Vázquez. Estudou Maxisterio, e afiliouse a FTE-UGT. Deu clases particulares en Sergude (Carral), despois foi mestre interino en Sedes (Narón), e dende 1935 foi mestre de Sésamo (Culleredo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 5 de agosto nun café de Carral con outros veciños por escoitar unha emisora gobernamental. Foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto.La Voz de Galicia, 22-8-1936, p. 4. Pasou tres meses na prisión na Coruña. Depurado, foi condenado a dous anos de suspensión de emprego e soldo. Ao ser mobilizada a súa quinta, o 31 de abril de 1937, incorporouse ao exército rebelde. Nos primeiros días de xullo foi destinado á fronte de Brunete e o 2 de agosto desertou e pasouse á zona leal con Gerardo Paseiro Carril e Benito Búa Rivas.Ficha de Ramon Figueroa VilachaFicha de Ramon Figueroa Vilacha Formou parte das Milicias da Cultura nunha compañía de Zapadores e despois da 29 Brigada Mixta. Ao rematar a guerra foi investigado e interrogado. Finalmente foi procsado en abril de 1940. Xulgado na Coruña en consello de guerra por traizón á patria con Gerardo Paseiro Carril, foron condenados a pena de morte. Foron executados no Campo da Rata o 7 de decembro de 1940.La Voz de Galicia, 8-12-1940, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en abril de 1941.BOE, 21-4-1941, p. 1556.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos