Benjamin Maximillian Mehl (coñecido habitualmente como B. Max Mehl), nado en Łódź, Polonia, o 5 de novembro de 1884 e finado en Fort Worth, Texas, o 28 de setembro de 1957, foi o comerciante de moedas estadounidense máis activo nese país durante gran parte da primeira metade do século XX.
Nas súas poxas vendéronse varias das moedas máis escasas e míticas da historia numismática estadounidense. Ao mesmo tempo, a Mehl atribúeselle o mérito de ter contribuído a que o coleccionismo numismático deixase de ser un pasatempo para ricos e se convertese nunha afección para todos os públicos.
Primeiros anos e formación Benjamin Maximillian Mehl naceu o 5 de novembro de 1884 en Łódź, no que daquela era a Polonia do Congreso, dentro do Imperio Ruso. Os seus pais, Rachel Goldstick e Solomon Isaac Mehl, vivían no barrio xudeu da cidade, coñecido como Altstadt.Lupia, J. N. III (2016).Weiner, H. A. (2021-a-).
En 1885, a familia trasladouse a Vilkomu, na provincia de Kovno —actual Kaunas, Lituania—."B. Max Mehl". En The Numismatist. Vol. 19. Nº 3. Marzo de 1906. Páxina 89. Alí había unha comunidade xudía en expansión, e Benjamin recibiu a súa primeira educación na súa escola. Segundo un esbozo biográfico de 1906, coleccionaba moedas desde a súa infancia, e era incapaz de lembrar un momento no que se esquecese delas.
Na procura de maiores oportunidades, en abril de 1895 a familia emigrou aos Estados Unidos, cando el tiña dez anos.Bowers, Q. D. (1999-b-). Páxina 65. Inicialmente viviron en Nova York,Weiner, H. A. (2021-b-). e logo establecéronse durante un tempo en Denton, Texas, antes de se trasladar a Fort Worth, probablemente porque a súa nai tiña familia alí. Benjamin continuou a súa educación nas escolas públicas de Fort Worth. En 1895 construíuse unha sinagoga en Fort Worth, á que se uniu a familia, e arredor de 1897 Benjamin foi chamado á Torá como bar mitzvah. Ao mesmo tempo que acudía á escola, Benjamin e os seus tres irmáns máis vellos e unha irmá máis vella traballaban na tenda de roupa que Solomon Mehl abrira en Fort Worth. Deixou a escola aos 16 anos e empregouse a tempo completo como dependente na tenda familiar.
Desde os 10 anos, Benjamin coleccionaba bitolas de puros, logo selos e despois moedas.Kosoff, A. (1957). Páxina 1.304. Os seus comezos como vendedor sitúanse en 1900, probablemente con moedas pouco habituais sacadas da caixa rexistradora coa aprobación do seu pai, como parte da súa paga. En xuño de 1903 solicitou ser membro da American Numismatic Society (ANA), utilizando xa o nome "B. Max Mehl" —non se coñece que utilizase nunca o seu nome de pía en letra impresa—. O secretario da ANA, George F. Heath, sinalou na revista da asociación, The Numismatist, que os trece solicitantes dese mes tiñan idades abranguidas entre os 18 anos —os que tiña Mehl— e os 65 anos. Ao enumerar os intereses como coleccionistas dos solicitantes, Heath afirmou que Mehl "colecciona unicamente ouro e papel moeda colonial e territorial dos EEUU". Cada solicitude estaba suxeita a que non se presentase ningunha obxección contra o posible membro,Heath, G. F. (1903). Páxinas 182-183. e Mehl foi aprobado, converténdose no membro número 522 da ANA o 1 de xullo de 1903.
Traxectoria profesional
Primeira etapa (1903-1920) miniatura|313x313px|Primeiro anuncio de Mehl, aparecido non número de decembro de 1903 da revista The Numismatist.The Numismatist. Vol. 16. Nº 12. Decembro de 1903. Páxina 382. A primeira publicación de Mehl en The Numismatist pareceu en agosto de 1903. No mesmo ano afiliouse tamén á British Numismatic Society.
O seu primeiro anuncio de venda por correo apareceu no número de decembro de 1903 de The Numismatist, e anunciaba a venda de 33 moedas estadounidenses ao mellor ofertante. Q. David Bowers, nun artigo sobre Mehl publicado en 1999, considera lóxico que Mehl se centrase no negocio da venda por correo, dado o afastamento de Fort Worth con respecto aos centros numismáticos como Nova York e Filadelfia, xa que habería poucos coleccionistas locais que frecuentasen unha tenda de moedas en Fort Worth. É probable que a venda non fose un éxito, xa que a maioría das moedas seguían a figurar nunha circular que Mehl enviou por correo en xaneiro de 1904, mais ao mes seguinte publicou o seu primeiro anuncio a toda páxina en The Numismatist. Segundo o autor numismático John N. Lupia III, "ao parecer, acadou un grande éxito a partir de 1904". Mehl contou coa axuda de C. W. Cowell, de Colorado, que estaba a vender a súa colección numismática e que lle enviou moitas pezas raras en depósito, o que lle permitiu ofrecer rarezas que, doutro xeito, estarían fóra do seu alcance.Bowers, Q. D. (1999-b-). Páxina 67.
O anuncio de febreiro de 1904 ofrecía á venda The Hub Coin Book por 24 centavos de dólar, un libro con moita difusión no ámbito numismático, publicado por Alexander & Co., de Boston, do que os comerciantes de moedas podían encargar copias co seu nome e enderezo impresos para posteriormente distribuílas a un prezo moi popular. Iso é o que fixo Mehl, e enviou copias con publicidade propia, co ánimo de facer promoción do seu negocio. En 1906 publicou a primeira edición de The Star Coin Book. An Encyclopedia of Rare American and Foreign Coins, que se vendía por 10 centavos e copiaba en gran medida o The Hub Coin Book.Smith, P. (2016). O secretario da ANA, George Heath, describiu The Star Coin Book como un "folleto ben ilustrado de sesenta e catro páxinas no que se dan os prezos que el paga polas moedas, en particular polas series estadounidenses, e outra moita información valiosa".Heath, G. F. (1906). Páxina 302. A partir de 1908, Mehl publicou a Star Rare Coin Encyclopedia, máis completa, que en 1924 tiña unha tiraxe de 70.000 exemplares ao ano, vendidos inicialmente ao prezo dun dólar, co mesmo propósito principal de anunciar as moedas que a Mehl lle interesaba comprar.Bowers, Q. D. (1999-b-). Páxina 66. miniatura|261x261px|Anuncio de Mehl en Collier's, 1908.Collier's. Vol. 40. Nº 16. 11 de xaneiro de 1908. Páxina 19. Mehl non se limitou a publicar anuncios na prensa numismática. A partir de 1904, publicou tamén anuncios clasificados no Fort Worth Telegram e en 1906 converteuse no primeiro comerciante de moedas en anunciarse na prensa nacional non numismática, con cinco liñas na revista Collier's, cun custo de 12,50 dólares. Esta estratexia publicitaria tivo éxito e axudou a transformar o coleccionismo de moedas, que antes era unha afección exclusiva dos ricos e dos estudantes de arte e de arqueoloxía, nun entretemento para un público máis amplo.
En 1906, Mehl acudiu por primeira vez ao Leste. Visitou Nova York e alí o negocio de moedas de Lyman H. Low, onde participou moi activamente na súa primeira poxa de moedas. O numismático Farran Zerbe fixo comentarios acerca da xuventude de Mehl, que naquel momento tiña só 22 anos. Posteriormente viaxou tamén a Boston e a Filadelfia.Zerbe, F. (1906). Páxina 262. En xullo dese mesmo ano, escribiu aos seus clientes para os informar de que pasaba a dedicarse exclusivamente ao comercio numismático, algo que probablemente sorprendese a moitos deles, que supuñan que xa o era desde había tempo. Segundo Bowers, "en 1910, a súa publicidade anovadora e a súa colorida personalidade proxectárono á primeira liña dos comerciantes".Bowers, Q. D. (1999-a-). Páxina 81. miniatura|319x319px|Mehl en 1906.The Numismatist. Vol. 19. Nº 3. Marzo de 1906. Páxina 89. En 1907, Mehl abriu a súa propia oficina en Main Street, en Fort Worth. En xaneiro de 1908, comezou a publicar Mehl's Numismatic Monthly, con colaboradores invitados, entre os que se achaban algúns dos principais numismáticos do momento. Publicada ata 1919, cunha paréntese en 1911-1912, segundo Bowers "fíxolle a competencia a The Numismatist e, en moitos aspectos, a súa edición era máis interesante". Cando Heath, que tamén era o editor de The Numismatist, morreu inesperadamente en 1908, Mehl ofreceu a súa Numismatic Monthly como revista substituta da American Numismatic Association, pero Zerbe fíxose cargo de The Numismatist e esta revista continuou.Smith, P. (1997). Páxina 408.
En 1912, Mehl trasladouse a Nova York para se asociar co seu colega Wayte Raymond. Mehl estaba preocupado polo seu relativo illamento en Texas do resto do mundo numismático. No entanto, despois de só unhas semanas, regresou a Fort Worth e explicou en The Numismatist que unha grave doenza na súa familia fixera necesario o seu regreso e que asuntos persoais o obrigaran a ficar alí.
En 1916 contratou o arquitecto local Wiley G. Clarkson para deseñar un edificio de oficinas de tres plantas e case 1.500 metros cadrados, de ladrillo e ornamentado con baixorrelevos de moedas antigas en pedra. Situado na avenida W. Magnolia, o edificio foi o lugar de traballo de Mehl e dos seus 40 empregados —un grande aumento con respecto aos 10 de 1912—, que se ocupaban da correspondencia e dos pedidos dunha lista de subscrición de 70.000 clientes. Nos anos seguintes, entre eles estarían Franklin D. Roosevelt, Winston Churchill e o rei Faruk de Exipto.
Mehl converteuse nun dos maiores comerciantes das primeiras moedas conmemorativas emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, entre elas o medio dólar colombiano, e foi o único que fixo delas unha parte importante do seu negocio na etapa de 1916 a 1920.Bowers, Q. D. (1992). Páxinas 57-58. Cando os promotores do dólar de ouro conmemorativo do lugar de nacemento de McKinley (1916-1917), non conseguiron vender moitas moedas ao público ao prezo orixinal de emisión de 3 dólares, Mehl adquiriu uns 10.000 exemplares —a metade da tiraxe existente— a pouco máis do seu valor nominal, para logo llas vender aos seus clientes a un prezo inferior ao oficial da emisión, ata ben entrada a década de 1920.Bowers, Q. D. (1992). Páxinas 634-635. Do mesmo xeito, Mehl comproulle a Zerbe —o promotor da moeda— milleiros de exemplares do dólar de ouro da Exposición da Compra de Luisiana, e logo vendeullos aos seus clientes.Swiatek, A. (2012). Páxina 72. A finais de 1919, Mehl declarou que tiña un orzamento para publicidade de 5.000 dólares ao ano, e continuou anunciándose en publicacións non numismáticas, gastando ata 200 dólares da época nunha soa inserción dun anuncio en The American Boy.
Segunda etapa
En 1921, Mehl vendeu o seu primeiro espécime do dólar de 1804, unha das grandes rarezas da numismática estadounidense. Deu boa conta da venda na súa publicidade, sinalando que pagara máis de 2.000 dólares por un antigo dólar de prata e preguntándose que rarezas podería ter o lector por descubrir na súa posesión. O Departamento Postal dos Estados Unidos considerouno enganoso. A partir de entón, Mehl cambiou de campaña, ofrecendo comprar calquera dólar Barber de 1894-S —tamén extremadamente escaso— que o lector puidese ter, nunha época en que os dólares Barber de data común eran unha moeda moi cotiá.Bowers, Q. D. (1999-b-). Páxinas 67-68. Durante a súa carreira, Mehl vendeu seis exemplares do dólar de 1804, dous deles en dúas ocasións.Smith, P. (1997). Páxina 407. Así mesmo, xactouse de ter gastado en balde un millón de dólares en publicidade para mercar unha moeda cinco centavos Cabeza da Liberdade de 1913, sabedor de que ningunha destas moedas extremadamente raras se achaba en circulación. Aínda que comprou moitas outras moedas, o seu obxectivo principal era promover a venda do seu catálogo,Deisher, B. (2003). Páxina 37. e comentábase que a súa campaña chegara a provocar atrasos no tránsito nalgunhas cidades, xa que os condutores de tranvías paraban a revisar o seu cambio. Tamén se publicitou a compra dun raro centavo por 200 dólares.