Cimex é un xénero de insectos da familia Cimicidae. As especies de Cimex son ectoparasitos que se alimentan de sangue de aves e mamíferos. Dúas especies, Cimex lectularius e Cimex hemipterus, aliméntanse frecuentemente dos humanos e son as chinches das camas, aínda que hai outras especies que poden parasitar a seres humanos de forma oportunista. As especies que parasitan primariamente morcegos son as chinches dos morcegos.

Estes insectos son de 3 a 9 mm de longo e teñen corpos marróns avermellados aplanados con pequenas ás non funcionais.

Descrición

miniatura |upright=1.3 |Unha chinche das camas adulta (Cimex lectularius) Os Cimex adultos son de cor marrón clara ou marrón avermellada, planos e ovais. As pezas bucais forman como un peteiro e están adaptadas a perforar e chuchar. Despois de que comen sangue o abdome está máis inchado e de cor máis escura. As ás anteriores son vestixiais e están reducidas a estruturas similares a almofadiñas e carecen de ás posteriores. Os Cimex teñen abdomes segmentados con pelos microscópicos que lles dan unha aparencia bandeada. Os adultos crecen ata os 3 a 9 mm de longo. As diferentes especies son moi similares en morfoloxía e só se poden distinguir por medio dun exame microscópico. Hai dimorfismo sexual en C. lectularius, especie na que as femias son de maior tamaño que os machos como media. Os abdomes de ambos os sexos diferéncianse en que os machos parecen ter un abdome bicudo, o que en realidade se debe aos seus órganos copulatorios, mentres que as femias teñen abdomes máis redondeados.

A ninfas recentemente saídas do ovo son translúcidas, ao principio de cores claras, facéndose máis marróns a medida que mudan e se aproximan á madureza sexual. Unha ninfa de Cimex de calquera idade que acaba de alimentarse de sangue ten unha cor vermella intensa, abdome translucido, cambiando pouco a pouco a marrón nas horas seguintes, e a negro opaco aos dous días a medida que o insecto dixire a comida. Os Cimex poden confundirse con outros insectos, como psocópteros, pequenas cascudas ou derméstidos; porén, cando están quentes e activos os seus movementos son máis semellantes aos dunha formiga e, igual que a maioría dos demais hemípteros, emiten un cheiro desagradable característico cando os esmagan.

Os Cimex usan feromonas e cairomonas para comunicar os seus lugares de nidificación, alimentación e reprodución.

A duración da vida dos Cimex varía coa especie e tamén depende da súa alimentación.

Taxonomía Cimex adjunctus, unha chinche dos morcegos dos Estados Unidos Cimex antennatus, unha chinche dos morcegos da costa do Pacífico de América do Norte Cimex brevis Cimex columbarius, infesta niños de pombas Cimex emarginatus, chinche dos morcegos dos Balcáns Cimex incrassatus, Cimex japonicus, chinche dos morcegos do Xapón Cimex latipennis, chinche dos morcegos da costa do Pacífico de América do Norte Cimex lectularius, o chinche das camas común con distribución cosmopolita Cimex hemipterus, o chinche das camas tropical Cimex pilosellus, chiche dos morcegos no norte dos Estados Unidos e o Canadá Cimex pipistrelli, chinche dos morcegos europeo

Notas

Categoría:Cimícidos