Taos Pueblo (ou Pueblo de Taos) é un antigo pobo pertencente a unha tribo nativa americana Indios Pueblo de fala Taos (Tiwa). Atópase a uns 1´6 km. ao norte da moderna cidade de Taos, Novo México. Os Pueblo considéranse unha das comunidades habitadas continuamente máis antigas dos Estados Unidos."Taos Pueblo" , Taos website Este foi designado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Taos Pueblo é membro dos Oito pobos do norte. Os indíxenas case nunca falan dos seus costumes relixiosos aos estranxeiros e, como a súa lingua nunca foi escrita, gran parte da cultura segue sendo descoñecida para o resto do mundo. Unha terra tribal de 38.000 hectáreas está anexa ao pobo, e unhas 4.500 persoas viven nesta zona.

Configuración O pobo construíuse nun escenario apoiado polos Montes Taos das Montañas Sangre de Cristo. O asentamento construíuse a ambos os dous lados do Río Pueblo de Taos, tamén chamado Río Pueblo e Red Willow Creek, un pequeno regato que atravesa o medio do conxunto do pobo. As súas cabeceiras proceden do Lago Azul, ou Ba Whyea, nas montañas próximas.

A característica arquitectónica máis destacada de Taos Pueblo é un complexo residencial de varios pisos de adobe pardo avermellado, construído a cada lado do Río Pueblo. O sitio web do Pueblo indica que probablemente construíuse entre 1000 e 1450.

O pobo designouse como Marco Histórico Nacional o 9 de outubro de 1960. En 1992 designouse como Patrimonio da Humanidade de UNESCO. En 2010 unhas 150 persoas vivían no histórico pueblo permanentemente.

Nome

Lingua Taos Na lingua tanoana do Taos (Tiwa do norte), o pobo é referido como "a aldea" en tə̂otho "na aldea". " (tə̂o- "aldea" + -tho "en") ou tə̂obo "para/cara á aldea" (tə̂o- "aldea" + -bo "para, cara"). O nome propio do pobo é ȉałopháymųp'ȍhə́othə̀olbo "na desembocadura do canón do salgueiro vermello" (ou ȉałopháybo "nos salgueiros vermellos" para abreviar). Este nome úsase máis habitualmente en contextos cerimoniais e é menos común na fala cotiá.

Lingua española O nome Taos en inglés tomouse do español Taos. O español Taos é probablemente un préstamo de Taos tə̂o- "aldea" que se escoitaba como tao ao que se lle engadiu o plural -s aínda que na lingua moderna Taos xa non é un substantivo en plural. A idea de que o español Taos veña de tao, "cruz da orde de San Juan de los Caballeros" (do grego tau), é improbable.Jones, William. (1960). "Origin of the place name Taos", Anthropological Linguistics, 2 (3), 2–4; Trager, George L. (1960). "The name of Taos, New Mexico", Anthropological Linguistics, 2 (3), 5–6.

Historia

Precolombiano

O máis probable é que os indíxenas Taos, xunto con outros pobos indíxenas, se asentaron ao longo do Río Grande despois de migrar ao sur desde a rexión das Catro esquinas. As vivendas desa rexión estaban habitadas polos Pueblo ancestrias. Unha longa seca na zona a finais do século XIII puido facer que se trasladasen ao Río Grande, onde o abastecemento de auga era máis fiable. Porén, a súa razón de emigrar aínda é discutida e hai evidencias de que tivo lugar unha loita violenta. En definitiva, as pistas arqueolóxicas apuntan á idea de que os nativos puideron verse obrigados a marchar.

Ao longo dos seus primeiros anos, Taos Pueblo foi un punto central de comercio entre as poboacións nativas ao longo do Río Grande e as súas Tribos das Chairas veciñas ao nordés. Taos Pueblo acolleu unha feira comercial cada outono despois da colleita agrícola.

Posterior ao contacto Os primeiros conquistadores españois chegaron a Taos Pueblo en 1540, eran membros da expedición de Francisco Vázquez de Coronado, que se detivo en moitos dos pobos de Novo México en busca das rumoreadas Sete Cidades de Ouro. Ao redor de 1620, os xesuítas españois supervisaron a construción da primeira Igrexa Católica no pobo, a misión de San Gerónimo de Taos. Os informes do período indican que as persoas nativas de Taos resistíronse á construción da igrexa e a imposición contundente da relixión católica. Ao longo do 1600, as tensións culturais creceron entre as poboacións nativas do suroeste e a crecente presenza colonial española. Taos Pueblo non foi unha excepción. En 1660, os indíxenas mataron o cura residente e destruíron a igrexa. Os españois responderon brutalmente. Varios anos despois de ser reconstruído, comezou a Revolta dos Pueblo de 1680.

Montaña Taos thumb|upright=1.3|Complexo residencial de adobe e Montaña Taos retratados nunha postal antiga, arredor de 1930-1945. Os de terras montañosas do Pueblo foron tomados polo presidente Theodore Roosevelt e designados como Carson National Forest a principios do século XX. Finalmente foi devolto en 1970 polos Estados Unidos cando o Presidente Nixon asinou a Lei Pública 91-550.Julyan, B: Áreas salvaxes de Novo México: a guía completa, páxina 73. Big Earth Publishing, 1999 Un adicional ao sur da dorsal entre Simpson Peak e Old Mike Peak e ao oeste de Blue Lake foi trasladado de volta ao Pueblo en 1996.

Lago Azul

O Lago Azul, que a xente Pueblo considera sagrado, incluíuse neste retorno das terra a Taos. Os Pueblo implicaron notablemente a persoas non nativas no lobby do goberno federal para o retorno do "Blue Lake", xa que argumentaban que o seu acceso sen restricións ao lago e á rexión circundante era necesario para garantir a súa liberdade relixiosa. O sitio web do Pueblo nomea a reconquista do sagrado Lago Azul como o evento máis importante da súa historia debido á crenza espiritual de que o pobo de Taos orixinouse no lago. Cren que os seus antepasados viven alí, e os propios Pueblos só ascenden á montaña dúas veces ao ano.

Arquitectura thumb|Igrexa, Pueblo de Taos (Ansel Adams—1941) No momento do contacto inicial dos españois, Hernando de Alvarado describiu o pobo como con casas de adobe construídas moi preto entre si e apiladas en cinco ou seis pisos. As vivendas facíanse máis estreitas a medida que se elevaban, cos tellados de cada nivel proporcionando os pisos e terrazas para os de arriba.

Os edificios de Taos tiñan orixinalmente poucas fiestras e ningunha porta estándar. En cambio, o acceso ás habitacións facíase a través de buratos cadrados no tellado aos que a xente chegaba subindo por longas escaleiras de madeira. Os troncos de Abeto Engelmann (ou vigas) soportaban tellados que tiñan capas de ramas, herba, barro e xeso que os cubrían. A arquitectura e os materiais de construción eran moi axeitados para os rigores do medio ambiente e as necesidades da xente do Val do Taos. Antes da chegada de Coronado, todos os muros de Taos Pueblo construíanse usando bolas de adobe (arxila) duns 10 cm de diámetro, Coronado introduciu a técnica do ladrillo de barro formado, esta técnica revolucionou a construción de adobe no novo mundo. Coronado tamén cambiou a estrutura do tellado, para utilizar ramas de arbustos de álamo de 5 a 10 centímetros instaladas en ángulo recto coas vigas Engelmann Spruce, despois aplicouse de 5 a 8 centímetros de xeso de adobe, rematado con ata medio metro de terra solta para illamento e resistencia estrutural. Así evolucionou a arquitectura indíxena.

A primeira arquitectura de influencia española apareceu en Taos Pueblo despois de que Frei Francisco de Zamora chegase alí en 1598 para establecer unha misión, baixo as ordes do gobernador español, Don Juan de Oñate.

Estrutura principal thumb|Pueblo de Taos — estrutura do lado norte, arredor de 2005. Dise que o lado nrte de Pueblo é un dos edificios máis fotografiados e pintados de Norteamérica. É a estrutura Pueblo de varios pisos máis grande que aínda existe. Está feito de muros de adobe que adoitan ter varios metros de grosor. A súa finalidade principal era a defensa. Ata o ano 1900, o acceso ás habitacións dos pisos inferiores era por unhas escaleiras no exterior ata o tellado, e despois por unha escaleira interior. En caso de ataque, as escaleiras exteriores poderían subirse facilmente.

Casas As vivendas desta estrutura adoitan estar formadas por dúas habitacións, unha delas destinada a vivir e durmir en xeral, e a segunda para cociñar, comer e almacenar. Cada fogar é autónomo, non hai pasadizos entre as casas. Os indios Taos facían pouco uso dos mobles no pasado, pero hoxe teñen mesas, cadeiras e camas. No pobo, a electricidade, a auga corrente e a fonanería interior están prohibidas.

Comunidade espiritual thumb|Paisaxe con pobo a través de Árbores de álamo (Populus deltoides) (Ansel Adams—1941)

Prácticas relixiosas En Pueblo están representadas dúas prácticas espirituais: a tradición espiritual e relixiosa indíxena orixinal e o Catolicismo Romano. A maioría dos indios Taos practican a súa antiga relixión indíxena, aínda vital. A maioría (90%) dos membros da comunidade Taos Pueblo son bautizados como católicos romanos. San Xerome, ou San Xerónimo, é o patrón da vila.

Cultura

Tradicións que implican a terra Desde a colonización española, o pobo nativo Taos resistiuse ao cambio cultural e á influencia coas ideas europeas. Moitos etnógrafos observan un alto nivel de "interconexión e dependencia mutua" entre o Taos Pueblo e a súa terra circundante, onde derivan moitas das súas tradicións culturais. En consecuencia, existe unha rivalidade histórica entre os habitantes do lado sur do río (pobo de verán) e do lado norte (pobo de inverno). As carreiras a pé, que teñen un significado relixioso significativo na tribo, son unha forma común para que estes dous grupos expresen a súa rivalidade, e existe unha longa tradición na súa tribo que posiblemente foi creada antes das pirámides. Ademais, os Taos Pueblo atribúenlle un gran valor ao Lago Azul en canto á súa "cultura viva e sustentabilidade agrícola".

Tradicións da Morte Segundo Wood, a xente de Taos Pueblo nunca afasta aos estraños das súas portas porque valoran tanto a cortesía como a hospitalidade. Porén, o Día de Todos os Defuntos, os Taos Pueblo pasan un día coas súas familias e pechan a súa aldea a calquera non indio. O Taos Pueblo achégase á morte cun aire de "estoicismo", e só se lles permite visitar os cemiterios o Día dos Defuntos ou o día do enterro de alguén.

Sexo No tecido cultural do Taos Pueblo, os datos etnográficos suxiren que as mulleres son consideradas subordinadas aos homes. A estrutura social dos Pueblo está ditada polas pertenzas kiva, e ás mulleres non se lles permite participar nos rituais que se celebran nestes espazos sagrados porque "non están adestradas" para facelo. A pesar da exclusión das mulleres dalgunhas actividades espirituais, as mulleres da sociedade Taos Pueblo "exercían un considerable grao de influencia económica, política e interpersoal". Por exemplo, as mulleres solteiras poden dirixir o seu propio fogar e as casadas controlan as súas propias finanzas porque tradicionalmente traballan como cociñeiras ou empregadas. Ademais, as mulleres teñen poder de decisión informal, utilizando as súas habilidades para influír nos homes que as rodean.

Conservación En 2011, o Programa de Preservación de Taos Pueblo recibiu unha subvención de 800.000 dólares do Departamento de Vivenda e Desenvolvemento Urbano dos Estados Unidos. O fondo pretende contratar máis traballadores, especialmente aqueles que estean formados en técnicas tradicionais de construción para traballos de conservación, así como axudantes de taller que axudan aos propietarios dos pobos co mantemento das vivendas tradicionais de adobe. Os supervisores ensinan aos alumnos sobre os métodos tradicionais de construción mentres reconstruían a maior parte dunha casa de 11 unidades que estaba en estado de case colapso.