miniatura|Traslado do galo recuperado da cociña dunha vivenda de Borodianka ao Museo do Maidan. O galo de maiólica de Vasilkiv (: ) é unha peza decorativa producida na fábrica de maiólica Vasilkiv que foi deseñada por Valerii Protoriev e Nadiia Protorieva. Converteuse nun símbolo da resiliencia durante a invasión rusa de Ucraína de 2022 logo de popularizarse na rede unha fotografía dunha casa bombardeada en Borodianka: malia a destrución case completa da escena, sobre unha lacena, conservárase unha destas figuriñas.
Historia As orixes do galo de maiólica remóntanse ata o século XVIII, cando a cidade de Vasilkiv era un imporante centro de produción oleira de Ucraína. A tradición da produción de maiólica foi levada ata aló por cualificados ceramistas dende Italia e foi mantida e desenvolvida polos artesáns locais. Co tempo, deveu nun símbolo da arte popular ucraína.Kozak, Svitlana, Ukrainian Folk Art: Vasylkiv Maiolica Rooster, Journal of International Women's Studies, vol. 13, no. 2, 2012, pp. 157-168.Oksana Kharchenko, Traditional Ukrainian Ceramics miniatura|Fotografía do galo de maiólica de Vasilkiv arriba da lacena nunha vivenda bombardeada de Borodianka. Máis concretamente, a figura do galo foi producida na fábrica de maiólica de Vasilkiv dende principios da década de 1960 ata a de 1980. Gañou grande notoriedade logo de que unha desas pezas fose fotografada sobre unha lacena entre as ruínas dunha vivenda en Borodianka. Persoas e medios de comunicación de Ucraína e de todo o mundo publicaron as imaxes e interesáronse nestas figuras. O armario da cociña foi fotografado por Yelyzaveta Servatynska e a concelleira de Kíiv Victoria Burdukova reparou no galo.
O galo, xunto coa lacena, foi recuperado e exhibido no Museo Nacional da Revolución da Dignidade.
Autores O traballo foi erroneamente atribuído a Prokop Bidasiuk, nun primeiro momento.
Serhii Denysenko, artista de xefe da fábrica de maiólica de Vasilkiv, cre que a autoría do galo pertence a Valerii Protoriev e a súa muller Nadiia.
Símbolo miniatura|Boris Johnson e Volodymyr Zelenskyi logo de seren agasallados cun galo de maiólica (Kíiv, abril de 2022). A imaxe do armario de cociña cun galo na cima, converteuse nun símbolo da perseveranza por sobrevivir ao bombardeo. En Internet e nas redes sociais gañou sona un meme que engadía a frase: "Ser tan forte como este armario de cociña". Tamén é visto como un símbolo da resistencia ucraína.
O galo foi empregado para decorar os pysanky (os tradicionais ovos de Pascua), por exemplo, o deseñador lituano Laimės Kūdikis colocouno nun.
Durante a visita do Primeiro Ministro do Reino Unido, Boris Johnson a Kíiv o 9 de abril de 2022, tanto el como o Presidente de Ucraína Volodymyr Zelenskyi foron agasallados con galos cerámicos similares.
Notas
Categoría:Cultura de Ucraína Categoría:Cerámica
Véxase tamén