Lluís Ricart Benavent, coñecido como Sito Ricart, nado en Sant Just Desvern o 28 de xaneiro de 1999, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga.
Traxectoria Nado en Sant Just Desvern, formouse como xogador de hóckey a patíns na canteira do Caldes, ata que na tempada 2017/18 debutou co primeiro equipo na OK Liga. Militou no club branquiazul durante catro tempadas máis, sumando 136 partidos e 36 goles co primeiro equipo, ao tempo que estudou unha carreira de Económicas.
En xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo Liceo, vixente campión de liga.
Selección española Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, conquistando o Europeo sub-20 en 2018 de xeito invicto, cun equipo formado integramente por xogadores cataláns. En 2019 disputou a Copa das Nacións en Montreux.
Palmarés Selección española sub-20 Campionato de Europa sub-20 (1): 2018.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es .
Categoría:Nados en Sant Just Desvern Categoría:Nados en 1999 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Personalidades sen imaxes