Gulosus é un xénero de aves da orde dos suliformes e familia dos falacrocorácidos.

Desde 2021 recoñécese no xénero unha soa especie vivente, o Gulosus aristotelis, ou corvo mariño cristado.

Taxonomía O corvo mariño cristado foi durante máis de dous séculos integrado no xénero Phalacrocorax, e canda o outro corvo mariño galego e outras especies, pero un estudo de 2014 atopou que a súa xenética era máis semellante aos xéneros Nannopterum e Leucocarbo do que ás especies que se agrupaban no resto do Phalacrocorax e no Urile; xaquelogo propúxose un novo xénero, Gulosus, do que esta especie é a única representante. Este novo xénero comezou a ser aceptado xeralmente en 2021. Estímase que o xénero Gulosus debeu arredarse do conxunto de Nannopterum-Leucocarbo hai uns 9 - 11,2 millóns de anos.

Subespecies Existen tres subespecies:

Gulosus aristotelis aristotelis - noroeste de Europa Atlántica, GaliciaMARTÍN, Ignacio (coord.) et al., Aves nidificantes de España. Ediciones Jaguar, S.A., 2004. ISBN 84-95537-80-X. Gulosus aristotelis desmarestii - sur de Europa, suroeste de Asia Gulosus aristotelis riggenbachi - noroeste de África

As subespecies distínguense lixeiramente no tamaño e a cor dos exemplares novos. Algunhas evidencias recentes suxiren que os exemplares da costa atlántica do suroeste de Europa son distintos das outras tres subespecies, e poderían constituír unha subespecie nova (Yésou et al., Brit. Birds 98: 369-370, 2005).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Falacrocorácidos

Categoría:Falacrocorácidos