Boomerang Fu, é un xogo de acción con boomerangs -o xogo pertence aos coñecidos como Battle Royale- protagonizado por criaturas antropomórficas con forma de comida, desenvolvido por Cranky Watermelon. Permite que ata seis xogadores xoguen localmente. O xogo foi lanzado para as plataformas: Windows, Nintendo Switch e Xbox One o 13 de agosto de 2020. Para PlayStation 4 e PlayStation 5 o 13 de xaneiro de 2022.

Como se xoga? Podes seleccionar un dos 14 personaxes de comida desbloqueables1: Berenxena, Aguacate, Plátano, Leite, Sandía, Rosca, Café, Xeado, Pan, Touciño, Cenoria, Sushi, Hamburguesa, Salsa Picante.2 Cada participante pode fuxir ou loitar contra os adversarios cun boomerang ou coa axuda de poderes que atoparás como elementos en forma de libro distribuídos no escenario. Os poderes van desde a teletransportación, a transformación en obxectos ou a queima dos teus inimigos1

Agradecementos Boomerang Fu foi galardoado coa Mellor Gameplay nos Australian Game Developer Awards de 2020. O xogo tamén foi nomeado como Mellor Son e Xogo do Ano, pero perdeu ante Audioplay: Alien Strike e Moving Out, respectivamente. Tamén recibiu un nomeamento ao mellor son para medios interactivos nos Australian Screen Sound Guild Awards de 2020.

Véxase tamén Ligazóns externas https://www.nintenderos.com/2020/07/boomerang-fu-queda-confirmado-para-el-13-de-agosto-en-nintendo-switch/ https://crankywatermelon.com/

Categoría:Videoxogos de 2020 Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Australia Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de loita Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation 5