Luis López Pombo, nado o 11 de maio de 1957 na casa de Chancia (Nullán, As Nogais), é un historiador galego.

Traxectoria Trasladouse coa súa familia á cidade de Lugo en 1972 e traballou durante 22 anos como cristaleiro.

Compaxinou os estudos co traballo, de xeito que realizou, primeiro, o ciclo de EXB nun centro nocturno de formación de adultos e, despois, o BUP nocturno. Cursou Xeografía e Historia na UNED, sen finalizar a carreira, e posteriormente proseguiu a completar a súa formación. Escribiu 11 libros e máis de 200 artigos. Os seus estudos xenealóxicos confirmaron as orixes dos devanceiros de Camilo José Cela en Triacastela.

En 22 de xuño de 2004 foi nomeado Académico Correspondente en Lugo da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía. Tamén foi designado Delegado Provincial en Lugo da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.

Obra Todas as publicacións editadas pola Deputación de Lugo. Concellos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela. Un recorrido por sus parroquias (1993). O Courel y su comarca: su historia, sus paisajes, sus gentes (1993). Municipio de Negueira de Muñiz (1994). Municipio de Ourol. Un recorrido por sus parroquias (1995). Castro de Rei: historia, arte y patrimonio (1999). Hidalgos y casas señoriales de la provincia de Lugo: Ayuntamientos de As Nogais, Pedrafita do Cebreiro y Triacastela (2001) Escudos de Lugo. La ciudad de Lugo según el Catastro de Ensenada, 1753 (2002). La encomienda de Quiroga y sus documentos (1186-1831) (2002). Lucenses de cuna o vínculo: biografías y genealogías (2003). O Incio: paisaje, historia y patrimonio (2003). O Cebreiro. Apuntamentos históricos e documentais (2013).

Premios e recoñecementos Premio xornalístico «Vila de Samos». Diploma e placa de agradecemento outorgado polo concello de Ourol. Nomeado "Milagrosista 1995".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Nados en 1957 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Historiadores de Galicia