Andrés Méndez Quintáns, nado en Lantaño (Portas) e finado no mesmo lugar o 24 de agosto de 1939, foi un médico, político e filántropo galego.

Traxectoria Herdeiro do pazo de Lantaño, regalou unha campá para a igrexa de Lantaño en 1924.Galicia, 25-1-1924, p. 1. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1927.El Diario de Pontevedra, 21-5-1927, p. 2. Foi alcalde de Portas durante a Segunda República.El Pueblo Gallego, 2-12-1932, p. 5. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abriulle expediente o Tribunal de Responsabilidades Políticas.BOE, 21-4-1941, p. 1553. Finou en Lantaño o 24 de agosto de 1939.El Pueblo Gallego, 27-8-1939, p. 7.

Vida persoal Casou en Lantaño con Elisa Patiño Hermida, filla de Luis Patiño Muñoz, en marzo de 1939.El Pueblo Gallego, 5-3-1939, p. 6. Elisa finou en Vigo o 23 de outubro de 1945.El Pueblo Gallego, 25-10-1945, p. 5.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Bernardino Buceta Quintáns, EA1BI-provisional, EA1AO

Categoría:Médicos de Galicia

Categoría:Alcaldes de Portas Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Portas Categoría:Finados en 1939 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela