As lingua araucanas son unha pequena familia de linguas que agrupa linguas indíxenas faladas no centro de Chile e nas áreas circundantes na Arxentina. Os representantes vivos desta familia son o mapuche (ISO 639-3: arn) e o huilliche (ISO 639-3: huh), faladas respectivamente polos pobos mapuche e huilliche. Estas linguas son ás veces consideradas dialectos diverxentes dunha soa lingua illada.
Falantes No 2007, estimouse que había 200 000 falantes de mapuche en Chile e 40 000 máis na Arxentina. O huilliche é unha lingua moribunda que só é falada por unhas poucas persoas de idade avanzada.
Contacto lingüístico
Jolkesky (2016) sinala que hai semellanzas léxicas coa lingua kunza, a lingua mochica, as linguas uru-chipaya, as linguas arauacas, as linguas pano, as linguas hibito-cholón e as linguas quechuas polo contacto entre elas.
Clasificación Mason (1950) Clasificación interna das linguas araucanas segundo Mason (1950):
Araucano Norte Picunche Mapuche Pewenche Rankel(che) Moluche Sur Wiliche (huilliche) Wiliche Serrano Pichi-Wiliche Manzanero Veliche (Chilote) Chikiyami (Cuncho) Leuvuche Leste Taluhet (Taluche) Divihet (Diviche)
Jolkesky (2016) Clasificación interna das linguas araucanas segundo Jolkesky (2016):Jolkesky, Marcelo Pinho De Valhery. 2016. Estudo arqueo-ecolinguístico das terras tropicais sul-americanas. Ph.D. dissertation, Universidade de Brasilia.
(† = extinta)
Mapuche Mapuche, Nuclear Mapuche Pewenche Rankelche Mapuche, Sur: Williche Mapuche, Norte Pikunche † Chango †
Vocabulario Loukotka (1968) enumera os seguintes elementos de vocabulario básico para as variedades de lingua mapuche (araucano).
Termo Mapuche Picunche Pehuenche Huiliche Chilote Ranquelche un kiñe kiñe kiñe kiñe kenge kiñe dous epu epue epu epu epo epú tres küla kela kela kila köla kʔla cabeza longko lonko rlonko lonkó man kũ kúü kuü ghechu keñeu auga ko ko ko ko ku go sol antu antü ante ante ánte ant'ü lúa kuyen küyén küyen kiyen kién kiyet millo voe wa wa waká wa paxaro gunún üñem küñüm giñum trarú can thehua thewa thewa trehua cheuá xaguar nahuel nahuel nawel nahuel naue
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Augusta, F. J. (1966). Diccionario araucano-español y español-araucano: tomo primero: araucano - español. Padre Las Casas: Impr. y Editorial "San Francisco". Cañas Pinochet, A. (1911). Estudios de la lengua veliche. In: C. E. Porter (ed.), Trabajos de la III Sección “Ciencias Naturales, Antropo-lógicas y Etnológicas” (Tomo I), 143-330. Santiago de Chile: Imprenta Barcelona. Erize, E. (1960). Diccionario comentado Mapuche-Español, Araucano, Pehuenche, Pampa, Picunche, Rancülche, Huilliches. Bahía Blanca: Cuadernos del Sur. Flury, L. (1944). Guiliches: tradiciones, leyendas, apuntes gramaticales y vocabulario de la zona pampa-araucana. (Publicaciones del Instituto de Arqueología, Lingüistica y Folklore Dr. Pablo Cabrera, 8). Córdoba: Universidad de Córdoba Hernández Sallés, A.; Luna, C. C. (1997). Diccionario ilustrado Mapudungun- Español-Inglés. Santiago de Chile: Pehuén.
Ligazóns externas Ethnologue, Languages of the World: Araucanian
Categoría:Familias de linguas Categoría:Lingua mapuche Categoría:Linguas araucanas