Quaderni Rossi foi unha revista da esquerda extraparlamentaria italiana fundada en 1961 e activa até 1966. Os seus fundadores foron, entre outros, Raniero Panzieri e Mario Tronti.Leonardi, Nicoletta. Photography, Visual Poetry, and Radical Architecture in the Early Works of Franco Vaccari. Bloomsbury Visual Arts, 2017. ISBN 978-1-5013-3008-7.
Historia A revista tivo unha importancia clave na formación política e cultural da nova esquerda italiana. Entre 1961 e 1965 saíron 6 números, o último despois da morte de Panzeri. A revista centrábase na análise e estudo marxista. Mario Tronti, Alberto Asor Rosa, Massimo Cacciari e outros colaboradores abandonaron o grupo orixinal para fundar unha nova revista, Classe Operaia, na que tamén participaron Toni Negri e Gaspare De Caro e que tiña unha liña máis práctica e concreta, menos teoricista, ca Quaderni Rossi.Wright, Steve. Storming Heaven. Pluto Press, 2015-11-30. ISBN 978-1-84964-083-1.
En Quaderni Rossi tratábanse os principais problemas de interese político do momento mediante a chamada "investigación simultánea", entre obreiros e intelectuais. Estas cuestións de interese eran as relaccionadas coa loita de clases no contexto italiano da primeira metade dos anos 60: a fábrica, a organización do traballo, etc. Porén, estas eran abordadas desde unha perspectiva diferente á tradicional do modelo de partído-sindicato. A revista defendeu formas combativas de acción contra a modernización capitalista do momento, tales como as folgas salvaxes ou os comités autónomos á marxe dos sindicatos. Esta liña política buscaba a centralidade da clase obreira, en especial da das grandes fábricas, na loita política e social, opóndose á "asimilación" ao sistema do movemento sindical tradicional.
Quaderni Rossi e as súas revistas derivadas prepararon as bases teóricas para o movemento de 1968 e para o novo movemento obreiro aparecido no país transalpino a partir do "Autunno caldo" de 1969, así como do autonomismo dos anos 70.
Número da revista
Lotte operaie nello sviluppo capitalistico (Loitas obreiras no desenvolvemento capitalista) La fabbrica e la società (A fábrica e a sociedade) Piano capitalistico e classe operaia (O plan capitalista e a clase obreira) Produzione, consumi e lotta di classe (Produción, consumo e loita de clases) Intervento socialista nella lotta operaia (Intervención socialista na loita de clases) Movimento operaio e autonomia nella lotta di classe (Movemento obreiro e autonomía na loita de clases)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Guido Borio, Francesca Pozzi, Gigi Roggero, Futuro anteriore. Dai «Quaderni rossi» al movimento globale. Ricchezze e limiti dell'operaismo italiano, DeriveApprodi, 2002. Guido Borio, Francesca Pozzi, Gigi Roggero, Gli operaisti: Autobiografie dei cattivi maestri, DeriveApprodi, 2005.Giuseppe - Trotta, Fabio Milana, L'operaismo degli anni Sessanta. Da «Quaderni rossi» a «classe operaia», DeriveApprodi, 2008. Tarì, M. (2016). Un comunismo más fuerte que la metrópoli: La Autonomía italiana en la década de 1970. Traficantes de Sueños. Wright, Steve. (2002). Storming heaven. London: Pluto Press.
Categoría:Revistas desaparecidas Categoría:Medios de comunicación en lingua italiana Categoría:Prensa de Italia