María Grandío Montes, nada en Lugo en 1982, é unha poeta e profesora galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica e Inglesa e doutora en teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do colectivo microefectos dramatúrxicos, onde escribe, dirixe e actúa en pezas teatrais breves, algunhas delas recollidas na publicación colectiva Microefectos Dramatúrxicos.

Actualmente é docente de secundaria no IES Pedregal de Irimia de Meira.

Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria