Beth Deisher (chamada orixinalmente Elizabeth Hurdle),Toma o apelido do seu esposo, Arthur Deisher. Véxase Smith, P. (2012). Páxina 109. nada en Carolina do Norte o 29 de abril de 1946, é unha xornalista, autora e editora numismática estadounidense.

Traxectoria Bethe Deisher cursou os seus estudos superiores na Universidade de Carolina do Norte en Greensboro,Smith, P. (2012). Páxina 109. onde se graduou en 1968 en Lingua Inglesa e en Literatura inglesa e estadounidense."Deisher, Beth". En Coins Weekly. 13 de decembro de 2018.

Comezou a súa carreira profesional no xornal Star Ledger de Norfolk, Virxinia, entre 1969 e 1972. Posteriormente foi redactora de VEA News, editado pola Asociación de Educación de Virxinia, así como doutras publicacións de Virxinia, como The Virginia Journal of Education ou The Sidney Daily News,Smith, P. (2012). Páxina 110. e o Sidney Daily News de Sidney, Ohio.

En marzo 1981 incorporouse como editora de noticias á revista numismática Coin World, da que en 1984 foi nomeada editora executiva. Poucos meses despois, o 1 de marzo de 1985, accedeu ao cargo de editora desta publicación, en substitución de Margo Russell, que mantivo ata a súa xubilación en 2012."Deisher Retire as Editor of Coin World". En E-Sylum. Vol. 15. Nº 18. 29 de abril de 2012. Un dos retos que asumiu con éxito durante este período foi o da dixitalización da publicación. Na súa etapa como editora de Coin World foi testemuña, en 1995, do nacemento do programa de cuñaxe das 50 moedas de medio dólar conmemorativas de cada estado dos EEUU."Testimony of Beth Deisher, Editor, Coin Worldbefore the House Financial Services Subcommittee on Domestic and International Monetary Policy, Trade and Technology". U.S. House Committee on Financial Services. Outra das súas achegas como editora foi o nacemento dun suplemento da revista titulado Coin World's Coin Values, que se publicou ata 2012."Coin World's Coin Values". EPNNES & Washington University in St. Louis.

O ano seguinte á súa xubilación comezou a publicar en Coin World unha columna periódica baixo o título de From the Memory Bank ("Desde o banco da memoria")."Autors: Beth Desher, columnist". En Coin World (coinworld.com).

Dentro do seu labor como editora, Deisher foi fundadora de tres revistas numismáticas: Coin Values, Paper Money Values e Worldwide Coins, e tamén foi editora ou autora de varios libros sobre materia numismática.

Entre 2017 e 2019 Deisher dirixiu a Anti-Counterfeiting Educational Foundation (ACEF), unha fundación dedicada á loita contra as falsificacións."ICTA forms Anti-Counterfeit Task Force". En Coin World. 8 de febreiro de 2017.

Entre outras entidades de carácter asociativo e profesional, Deisher foi membro activo da Federación Nacional de Mulleres Xornalistas e da Sociedade de Xornalistas Profesionais, e presidiu entre 2006 e 2008 a Asociación de Escritores Profesionais de Ohio.

Recoñecementos

1995: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1995: Premio Clemy, Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 2006: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o NLG. 2010: Premio Farran Zarbe Memorial, da ANA. 2013: Ingreso no Numismatic Hall of Fame da ANA."Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association. 2015: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2017: Premio á Traxectoria (NLG)."Beth Deisher Honored With 2017 PNG Lifetime Achievement Award ". Professional Numismatists Guild (pngdealers.org). 2021: Incluída na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World."Beth Deisher". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxinas 36-37. 2022: Premio Q. David Bowers, da Central States Numismatic Society."Beth Deisher receives the 2022 Q. David Bowers Award". En Coins Weekly. 28 de abril.

Publicacións Estas son algunhas das monografías máis salientables das publicadas por Beth Deisher ao longo da súa carreira:"Deisher, Beth". WorldCat Identities.

(1993). Coin World guide to U.S. coins, prices & value trends (con W. T. Gibbs et al.). Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780451195845 (1997). The smart collector (con B. Reed). Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 978-0944945261 (2005). Making the grade. A grading guide to the top 25 most widely collected U.S. coins. Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780944945490 (2011). Coin world almanac. Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780944945605 (2013). Cash in your coins. Selling the rare coins you've inherited (con Q. David Bowers). Whitman Pub., Atlanta. ISBN 978-0794837921 (2017). A guide book of United States commemorative coins. History, rarity, values, grading, varieties (con Q. David Bowers). Whitman Pub., Atlanta. ISBN 9780794844196

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Deisher, Beth". En American Numismatic Biographies. Páxinas 109-110. "Beth Deisher". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxinas 36-37. "Deisher, Beth". En Coins Weekly. 13 de decembro de 2018.

Outros artigos

Coin World

Ligazóns externas

Audio sobre falsificación de moeda, por Beth Deisher

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Carolina do Norte Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Editores Categoría:Alumnos da Universidade de Carolina do Norte Categoría:Personalidades sen imaxes