Eduardo de Almeida Navarro, nado en Fernandópolis, o 20 de febreiro de 1962,, 12:00–12:30.Navarro’s birth certificate on FamilySearch. It’s also on Commons. é un filólogo e lexicógrafo brasileiro, especialista en tupí antigo e nheengatu. É un profesor na Universidade de São Paulo, onde ensina tupí antigo dende 1993, e nheengatu dende 2009. Eduardo Navarro é o autor dos libros Método Moderno de Tupi Antigo, 1998 e Dicionário de Tupi Antigo, 2013, dúas obras importantes sobre a lingua tupí..
Traxectoria Eduardo Navarro graduouse en Xeografía na Universidade Estatal de São Paulo e en estudos clásicos na Universidade de São Paulo. En 1995, doutorouse cunha tese sobre a cuestión das linguas no Renacemento. En 1997, publicou Anchieta: vida e pensamentos, un libro sobre o sacerdote xesuíta español José de Anchieta, autor de Arte de Gramática da Língua mais Usada na Costa do Brasil sobre a lingua tupí antiga e un dos primeiros autores da literatura do Brasil.
En 1998, Navarro lanzou o libro Método Moderno de Tupi Antigo: a língua do Brasil dos primeiros séculos, que ten por obxectivo capacitar estudantes na lectura de textos dos séculos XVI e XVII nesta lingua e ao mesmo tempo amosar a penetración do tupí antigo na cultura brasileira. En 2005 fixo un postdoutorado na India, onde estudou as orixes do mito de Sumé no Brasil.
En 2013, Navarro lanzou o Dicionário de tupi antigo: a língua indígena clássica do Brasil, no que describe case oito mil palabras desta lingua, superando así o Tesoro de la lengua guaraní de Antonio Ruiz de Montoya, que conta cunhas cinco mil entradas.. No presente está a preparar un dicionario da lingua nheengatu.
Achegas Literatura tupí Eduardo Navarro foi o organizador e principal tradutor dos libros Poemas: lírica portuguesa e tupi de 1997, e Teatro de 1999, nos cales redactou notas explicativas e modernizou a escrita orixinal dos textos, sendo escritos a maioría deles en tupí antigo por José de Anchieta.
Foi o responsable de escribir o prefacio e as notas da reedición do libro Uma festa brasileira de Ferdinand Denis, e traduciu parte del directamente da lingua tupí antiga. A primeira edición dese libro fora publicada en 1850 en París. A nova edición foi lanzada en outubro de 2007, cunha versión bilingüe en francés e portugués. O anaco traducido por Navarro foi Poemas brasílicos, do padre Cristóvão Valente.
Cartas dos indios Camarões
En 2021, Eduardo Navarro anunciou que traducira as seis cartas dos potiguaras Camarões, descubertas hai máis de 130 anos nos Países Baixos, onde se gardaron durante case 400 anos. As cartas, escritas completamente en tupí, son o único rexistro escrito indíxena que se escribiu no período colonial do Brasil. Navarro ten pensado publicalas como libro..
Renacemento da lingua tupí 250px|miniatura|dereita|A praia da Baía da Traição, en cuxo concello homónimo se está a tentar rescatar a lingua indíxena. Dende o ano 2000, Eduardo Navarro ten formado mestres de lingua tupí para as escolas indíxenas de Paraíba, nunha inicitativa chamada Proxecto Poti., 1:30–3:00. O primeiro curso de tupí clásico, celebrado en Baía da Traição, durou dous anos e formou 17 monitores como profesores nas escolas do pobo potiguara, co obxectivo de aumentar o coñecemento sobre a lingua e tentar recuperala.
Tamén se institucionalizou a lingua tupí no currículo das escolas indíxenas. De feito, a materia impártese dende os primeiros anos ata o bacharelato.
No cinema Eduardo Navarro foi responsable da tradución ao tupí de todo o guión do filme Hans Staden, unha longametraxe sobre o aventureiro alemán Hans Staden que visitou o Brasil dúas veces no século XVI., 7:00–8:00. O filme, dirixido por Luiz Alberto Pereira, estreouse en 1999 co gallo das celebracións do aniversario 500 do Brasil.
Ademais deste filme, Navarro tamén traduciu algúns diálogos da miniserie A Muralha, da Rede Globo.
Premios e honras
2000 — Medalla Brasil 500 Anos, atribuída polo Instituto Xenealóxico Brasileiro e pola Academia Paulista de Letras. 2013 — Os Destacados de ALIJA, premio atribuído pola Asociación de Literatura Infantil e Xuvenil Arxentina, pola tradución de Cabeza hueca, cabeza seca .
Obras
.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cartas dos indios Camarões Bibliografía
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Filólogos do Brasil Categoría:Profesores da Universidade de São Paulo