Belém é unha freguesía portuguesa do concello de Lisboa, pertencente á zona occidental da capital, con 10,43 km² de área e 16 546 habitantes (segundo o censo de 2021). A súa densidade de poboación é de 1 586,39 hab./km².
Belém está ligada á Era dos descubrimentos, cando Manuel I de Portugal subiu ao trono en 1495. Ten a súa sede na antiga freguesía de Santa Maria de Belém. Hoxe en día, Belém contén varios espazos verdes con museos, parques e xardíns, sendo unha das zonas máis turísticas de Portugal.
Historia Belém foi concello autónomo entre 1852 e 1885, cando foi incorporado a Lisboa. Esta constituído polas seguintes freguesías: Ajuda, Benfica, Carnide, Belém, Odivelas, Alcântara extra-muros, Santa Isabel extra-muros e São Sebastião da Pedreira extra muros. Tiña 63 km² e 27 635 habitantes en 1864 e 30 747 en 1878.
A nova freguesía de Belém foi creada no ámbito da reorganización administrativa de Lisboa de 2012,Lei n.º 56/2012, de 8 de novembro: Reorganização administrativa de Lisboa. Diário da República, 1.ª Série, n.º 216, de 08/11/2012. Data de acceso: 29/12/2014. que entrou en vigor após as eleccións autárquicas de 2013, resultando na agregación da antiga freguesía de Santa Maria de Belém con case a totalidade do territorio da antiga freguesía de São Francisco Xavier, esta última despois de axustes nos límites coa veciña freguesía de Ajuda.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Freguesías de Lisboa