Chloracidobacterium é un xénero de Acidobacteriota.Ver o NCBI páxina web sobre Chloracidobacterium. Datos extraídos de Actualmente está asignado á familia Acidobacteriaceae, pero as evidencias filoxenéticas indican que pertencería a Blastocatellia.

É un grupo de bacterias fotosintéticas descuberto en 2007. A súa identificación ampliou de cinco a seis o número de filos bacterianos que poden realizar unha fotosíntese baseada na clorofila.

"Candidatus Chloracidobacterium thermophilum"

O organimso "Candidatus Chloracidobacterium thermophilum" foi detectado inicialmente por análises bioinformáticos de secuencias metaxenómicas obtidas de tapetes microbianos recollidos dunha fonte termal do Parque Nacional de Yellowstone, EUA. Foi despois illado tras a inhibición das especies de Synechococcus nas mostras de tapetes microbianos, permitindo un cocultivo de C. thermophilum, Anoxybacillus sp. e Meiothermus sp. Despois, C. thermophilum foi cultivado en Midnight Medium (CTM) para conseguir un illamento puro. Unha secuenciación xenómica da bacteria revelou que non contiña xenes para encimas redutores de sulfato, aínda que era dependente dunha fonte de sulfato reducida. Especulouse que o organismo establecía unha relación mutualista cos cocultivos de Meiothermus sp. e Anoxybacillus sp. para poder así acceder a fontes de xofre reducido. Ademais, determinouse que era unha bacteria aerófila, moderadaemnte termófila, anoxixénca e fotoheterótrofa. ë dependente dunha fonte de xofre reducido, bicarbonato, L-lisina e vitamina B12 para illala en cultivo.

Filoxenia

A taxonomía actualmente aceptada está baseada na LPSN e no National Center for Biotechnology Information (NCBI)

LTP_01_2022 baseado no ARNr 16S e Dedysh & Yilmaz 2018 GTDB 07-RS207 baseado en 120 proteínas marcadoras

Notas

Categoría:Bacterias Categoría:Extremófilos