Verica Nedeljković (), de nacemento Jovanović (), nada en Pridvorica (República Socialista de Serbia, Iugoslavia) o 16 de setembro de 1929 e finada en Belgardo o 13 de decembro de 2023, foi unha xadrecista iugoslava e serbia, Gran Mestra Feminina desde 1978.

Traxectoria Entre mediados dos anos 50 e finais dos anos 60 foi unha das principais xadrecistas mulleres do país. Nedeljković foi seis veces campioa do Campionato Feminino de Xadrez de Iugoslavia (1950, 1951, 1952, 1953, 1958 e 1965), amais doutros campionatos internacionais femininos.

Participou en catro ocasións no Torneo de Candidatas do Mundial Feminino de Xadrez:

En Moscova 1955 logrou o 6º lugar En Plovdiv 1959 logrou o 2º lugar En Vrnjačka Banja 1961 compartiu o 4º e o 6º lugar En Sukhumi 1964 logrou o 9º lugar En Subotica 1967 logrou o 6º lugar

Verica Nedeljković xogou co equipo de Iugoslavia nas Olimpíadas Femininas de Xadrez:

En Split 1963, no taboleiro 2 (+12, =0, -0), obtivo a medalla de prata do equipo e a de ouro individual. En Oberhausen 1966, no taboleiro 2 (+4, =4, -2).

En 1954 recibiu o título de Mestra Internacional Feminina. En 1978 recibiu o título honorario de Gran Mestra Feminina.

Tras graduarse, traballou como enxeñeira naval e profesora na Universidade de Belgrado. Casou con Srećko Nedeljković (1923-2011), xogador e adestrador de xadrez e médico.

Notas

Categoría:Xadrecistas de Iugoslavia Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Serbia Categoría:Finados en 2023

Categoría:Personalidades sen imaxes