Nikola Tanasković (en serbio: Никола Танасковић), nado o 21 de outubro de 1997 en Smederevska Palanka, é un xogador serbio de baloncesto profesional. Formado nas categorías inferiores do Partizan de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 2,04 m, xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria Nado en Smederevska Palanka, unha localidade situada no centro de Serbia, Tanasković formouse nas categorías inferiores do KK Partizan de Belgrado, equipo co que debutou en decembro de 2015 e no que xogou até 2019, incluídas varias cesións. Con el KK Partizán Belgrado se proclamouse campión de Copa en 2018. Após finalizar a súa etapa no Partizan xogou para o KK Mega Basket, o KK Borac Čačak e o KK Igokea, antes de asinar polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.

Clubs Ao longo da súa carreira, Tanasković ten xogado para os seguintes equipos profesionais: KK Partizan (ABA / KLS, 2015–2017) Spartak Subotica (KLS, 2017−2018) Mladost Zemun (KLS, 2018−2019) Mega MIS (ABA, 2019−2020) KK Igokea (ABA, 2021−2023) CB Breogán (ACB, 2023− )

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB Perfil en Proballers

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do KK Spartak Subotica Categoría:Xogadores do KK Mladost Zemun Categoría:Xogadores do KK Mega Basket‎ Categoría:Xogadores do KK Igokea Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán