miniatura|261x261px|Zatulovskaia o 16 de xaneiro de 1964 Tatiana Zatulovskaia (; ), nada en Bakú (RSS de Azerbaidján) o 8 de decembro de 1935 e finada en Ascalón (Israel) o 2 de xullo de 2017, foi unha xadrecista israelí (anteriormente soviética e rusa). Foi tres veces campioa do Campionato Soviético Feminino e dúas veces campioa mundial Sénior Feminina. Foi nomeada Mestra Internacional Feminina en 1961 e Gran Mestra Feminina en 1976. Durante a súa vida tamén foi enxeñeira xeolóxica e ximnasta.

Zatulovskaia gañou o Campionato Soviético Feminino de Xadrez en 1960, 1962 e 1963. Representou a URSS nas Olimpíadas Femininas de Xadrez en 1963 e 1966, e gañou a medalla de ouro do equipo en ambas ocasións. Obtivo tamén unha medalla de prata individual en 1963 e un ouro individual en 1966. Durante as décadas de 1960 e 1970 clasificouse en varias ocasións para os campionatos Interzonais e os Torneos de Candidatas previos aos Mundiais Femininos de Xadrez.

En 1993 gañou o Mundial Feminino Sénior cunha puntuación de 10 puntos sobre 11 (10 vitorias, 0 derrotas e 2 táboas). Repetiu ese éxito en 1997. En 2000 emigrou a Israel, país ao que representou nas Olimpíadas Femininas de Xadrez de 2002 en Bled (Eslovenia).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tatiana Zatulovskaia nas Olimpíadas Femininas de Xadrez

Categoría:Personalidades do xudaísmo de Israel Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en 1935 Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Xadrecistas de Azerbaidján Categoría:Xadrecistas de Rusia