Celestino Horta Resúa, nado en Boiro, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Veciño da Ponte Beluso, Bealo, traballaba nas minas de San Fins e era sindicalista. Fundou xunto a outros veciños a Sociedad de Agricultores de la parroquia de Bealo La Armonía con sede en Loimar, Bealo, afín á UGT.

Foi un dos mineiros sinalado pola voadura da ponte do río Beluso tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Botouse ao monte e formou parte do grupo de guerrilleiros comandado por Ramón Rodríguez Varela no que se integraron Avelino Méndez Suárez, Hilario Arroyo, Manuel Fernández Valle, Abdón de Ces e José Dias, que actuaron en Lousame. Estivo tres anos no monte e outros seis agochado en casas dos veciños. Finalmente entregouse no cuartel de Santiago de Compostela.

Vida persoal Casou con Manuela Creo, que foi detida trala fuxida do seu marido. Seu irmán Agustin foi asasinado en novembro de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Boiro