Juan Lastres García, nado en Cee cara a 1915 e finado na Coruña o 11 de agosto de 1988, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Alejandro Lastres Carrera. Avogado en Cee. Foi nomeado alcalde de Cee en xuño de 1942. Permaneceu no cargo ata 1945. En marzo de 1945 aprobou as oposicións para o Corpo Técnico do Ministerio da Gobernación.El Ideal Gallego, 20-3-1945, p. 7. Foi nomeado oficial primeiro do Goberno civil de Pontevedra en xuño de 1945.Ciudad, 4-6-1945, p. 2. Despois foi xefe de Negociado de Facenda do Goberno civil da Coruña e foi nomeado Oficial maior do Goberno civil en outubro de 1956.La Noche, 25-10-1956, p. 2. Finou na Coruña o 11 de agosto de 1988 con 73 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-8-1989, p. 50.
Vida persoal
Casou con María Cerdeiras Seoane e foi pai de María Jesús e Amparo Lastres Cerdeiras. Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1988