Ramón González Calviño, nado en Ourense cara a 1886 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1937, foi un zapateiro e político galego.
Traxectoria Zapateiro en Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na súa casa do número 31 da rúa Raíña Victoria a Enrique Nanín Ansias. Foi detido na madrugada do 27 de marzo de 1937 xunto con Enrique Nanín e os seus fillos, os irmáns Ángel e Julio González Cudeiro.La Región, 28-3-1937, p. 3. A filla Josefina González Cudeiro tamén foi encarcerada. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión e condenado a pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 1 de abril de 1937.La Región, 2-4-1937, p. 3.El Ideal Gallego, 2-4-1937, p. 3.
Vida persoal
Casou con Vicenta Cudeiro Caseiro e foi pai de Josefina, Ángel, Julio, Luisa e Maruja González Cudeiro. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1937