De La Rue plc (De La Rue public limited company) é unha compañía británica con sede en Basingstoke, Inglaterra, que produce impresións de seguridade, así como solucións dixitais e físicas para protexer bens, comercio e identidades en 140 países."Annual Report 2022". De La Rue plc.

A súa división de moeda deseña e produce papel moeda, substratos de polímero seguros e elementos de seguridade para billetes, como hologramas, fíos e outros sistemas de protección, para diversos bancos centrais autoridades emisoras de moeda."De La Rue Currency". Delarue.com

A súa división de autenticación produce selos fiscais, protección de marcas e solucións de seguridade para documentos de identidade, como páxinas de datos de policarbonato para os pasaportes."De La Rue Authentication solutions". Delarue.com

De La Rue cotiza na Bolsa de Londres e é o maior impresor comercial de billetes do mundo.Newcomb, A. (2019). "World's largest printer of money is running out of money". NBC News. 3 de decembro.

Historia A compañía foi fundada por Thomas de la Rue, que se trasladou en 1821 de Guernesey a Londres, onde se estableceu como fabricante de sombreiros de palla Leghorn e, posteriormente, como papeleiro e impresor."Our History ". Delarue.com

En 1831, De la Rue acadou unha concesión (Royal Warrant) que lle outorgaba o dereito para a fabricación de naipes. En 1855 comezou a imprimir selos de correos e en 1860 billetes de banco. O primeiro papel moeda producido pola compañía foi para a illa Mauricio."UK banknote printer De La Rue fears for its future". BBC News. 26 de novembro de 2019. En 1896, a sociedade familiar converteuse nunha empresa privada.

En 1921, a familia De la Rue vendeu as súas participacións na compañía, e esta comezou a cotizar na Bolsa de Londres en 1947. Daquela a súa denominación era Thomas De La Rue & Company, Limited, e en 1958 cambiou a The De La Rue Company Limited. En 1968, a compañía cinematográfica británica Rank Organisation presentou unha oferta pública de adquisición de De La Rue, que foi rexeitada pola Comisión de Monopolios por considerar a operación contraria ao interese público."Competition Commission Reports: 1960-1969". Páxinas 4 a 9. En 1991, a empresa cambiou unha vez máis o seu nome, para se simplificar en De La Rue plc.

En 1965, De La Rue creou unha empresa conxunta co impresor e inventor italiano Gualtiero Giori, chamada De La Rue Giori. Con sede en Suíza, a empresa especializouse na construción de equipamentos de impresión de papel moeda.International Directory of Company Histories. Volume 34. 2000. Páxina 141. Esta compañía imprimiu billetes para o Banco Central de Irán durante a década de 1960.Shargi, A. (1998). "Eskenās". En Encyclopædia Iranica. Vol. VIII/6. Páxinas 615-624

En 1995, a compañía adquiriu Portals Limited, que cotizaba no mercado de valores londiniense desde 1904. Durante case 300 anos, Portals fora un dos principais fabricantes de papel moeda do mundo, e encargárase da súa produción para o Banco de Inglaterra desde 1724."De La Rue: Cash machine". En The Economist. 11 de agosto de 2012.

En 1997, De La Rue adquiriu tamén Harrison and Sons, a planta de impresión de selos e billetes de High Wycombe, que pechou definitivamente en 2003.Clements, J. (2002). "Up to 350 jobs to go at printing firm". En Bucks Free Press. 7 de outubro.

A principios de 2002, De La Rue comprou por 23 millóns de dólares Sequoia Voting Systems, unha compañía con sede en California que era un gran provedor de sistemas de votación electrónica nos Estados Unidos."Sequoia Voting systems Receives Mandate from De La Rue". En Kiosk Marketplace. 29 de maio de 2002. Logo de perder diñeiro durante tres anos nun negocio moi arredado das liñas tradicionais da empresa, en marzo de 2005 Sequoia foi vendida a Smartmatic, unha multinacional tecnolóxica que desenvolvera sistemas electorais avanzados, entre eles máquinas de votación."Smartmatic Corporation and Sequoia Voting Systems move to align corporate structures with future business goals". Smartmatic.com. 22 de decembro de 2006.

Logo da filtración dos coñecidos como Papeis de Panamá, xurdiu a polémica ao se revelar que desde 2002 ata 2010, De La Rue contratara en segredo o empresario de Nova Delhi Somendra Khosla para obter contratos en troques dunha comisión do 15 %.Leroux, M. (2016). "Banknote paper trail leads from Panama to India, say emails". En The Times. 11 de abril.Fortson, D. (2016). "De La Rue’s secret deal exposed by Panama leak". En The Sunday Times. 10 de abril.P Vaidyanathan Iyer (2016). "Panama Papers: Currency maker De La Rue offered payoff for its India deal". En The Indian Express. 7 de abril.IANS (2016). "After politicians and industrialists, Niira Radia named in Panama Papers". En Hindustan Times. 6 de abril.

En 2003, a compañía asumiu a contrata das operacións de impresión dos billetes do Banco de Inglaterra, na planta situada en Debden, no condado de Essex."Sale of Bank Note Printing Operations". Bank of England. 31 de marzo de 2003. En 2003 e 2004, De La Rue subministrou igualmente billetes a Iraq."De La Rue shares surge on deal to print new banknotes for post-Saddam". En The Independent. 8 de xullo de 2003. Moore, J. (2003). "Iraq windfall gives lift to De La Rue". En The Telegraph. 20 de setembro.

A compañía foi recoñecida como modelo para outras pequenas e medianas empresas por Hermann Simon no seu libro Hidden Champions ("Campións ocultos"), publicado en 2009.Simon, H. (2009). Hidden Champions of the 21st Century: Success Strategies of unknown World Market Leaders. Springer, Londres. ISBN 978-0-387-98147-5 Outra publicación, de 2011, escrita por Peter Pugh e titulada The Highest Perfection, recolle unha historia da compañía De La Rue ata o ano 2003.Pugh, P. (2011). The Highest Perfection. Icon Books. ISBN 978-184831-335-4

En 2016, a división de xestión de efectivo (Cash Processing Systems) foi vendida a Privet Capital e en decembro dese mesmo ano De La Rue anunciou a compra dunha nova división, DuPont Authentication."De La Rue to acquire DuPont Authentication ". Delarue.com. 12 de decembro de 2016."UK banknote-printer De La Rue to buy DuPont Authentication in £19.8m cash deal". En Belfast Telegraph. 12 de decembro de 2016.

En marzo de 2018, a compañía vendeu o negocio do papel e conservou unha participación do 10 % no novo negocio, Portals International Limited."De La Rue plc. Completion of paper transaction". Polaris.brighterir.com. 29 de marzo de 2018. O mes seguinte, De La Rue decidiu recorrer a decisión do Goberno británico de fabricar os pasaportes en Francia,Elgot, J. (2018). "Post-Brexit passports contract: De La Rue to appeal against decision". En The Guardian. 2 de abril. aínda que finalmente non seguiu adiante co recurso.Monaghan, A. ( 2018). "De La Rue drops passport appeal and issues profit warning". En The Guardian. 18 de abril.

O 26 de xullo de 2019, a Oficina de Fraudes Graves abriu unha investigación a De La Rue plc por sospeitas de corrupción en Sudán do Sur. Máis tarde decidiuse pechar o caso."De La Rue Plc ". Serious Fraude Office. 26 de xullo de 2019."SFO closes investigation into De La Rue Plc". Serious Fraude Office. 16 de xuño de 2020.

En outubro de 2019, a compañía vendeu o seu negocio de solucións de identidade a HID Global por 42 millóns de libras."De La Rue announces sale of Identity Solutions Business ". Delarue.com. 12 de xuño de 2019.

En abril de 2023 anunciouse que o presidente da compañía, Kevin Loosemore, presentaría a súa dimisión en no mes de maio, para "pór fin ás recentes especulacións en torno ao liderado da empresa", polo que o consello da empresa emprendeu a procura do seu substituto."Resignation of Chairman and accelerated search for replacement". Delarue.com De xeito interio, Nick Bray ocupou o seu posto."Board of Directors". Delarue.com

Operacións actuais

Billetes de banco De La Rue produce billetes de alta seguridade totalmente acabados, así como substrato de polímero e elementos de seguridade para máis de 69 sistemas monetarios nacionais."About us". Delarue.com

Fabricación de papel e impresión de seguridade A compañía tamén produce outros documentos de seguridade, entre eles selos fiscais.

Produtos de épocas anteriores

Selos de correos A empresa tamén imprimiu selos postais para o Reino Unido e algúns dos seus territorios, así como para outros países, como Italia ou Perú, e para os Estados Confederados de América. Algúns selos moi famosos no ámbito filatélico, como os triangulares do Cabo de Boa Esperanza, foron impresos por De La Rue & Co. despois de que Perkins Bacon perdera a confianza das autoridades postais da época.Easton, J. (1958). The De La Rue History of British and Foreign Postage Stamps 1855-1901. Faber & Faber, Londres. miniatura|260x260px|Anuncio dunha pluma estilográfica creada por De La Rue, París (1904).

Instrumentos de escritura De La Rue afirma ter desenvolvido a primeira pluma estilográfica práctica en 1881 e posteriormente foi un dos principais fabricantes destes artigos de Gran Bretaña. Os produtos comercializábanse baixo a marca Onoto. A produción de plumas estilográficas de De La Rue cesou en Gran Bretaña en 1958, aínda que continuou uns anos máis en Australia."Heritage. A century of reinventions". Onoto.com

Barallas En 1843, De La Rue estableceu o seu primeiro comercio no estranxeiro, xa que o irmán de Thomas De la Rue, Paul, viaxou a Rusia para asesorar sobre a fabricación de naipes. Os deseños de barallas de Thomas de la Rue son a base do deseño estándar moderno. O negocio de naipes vendéuselle a John Waddington en 1969.Wintle, S. (2001). "Thomas de la Rue: a brief history of De la Rue’s playing-cards". The World of Playing Cards (wopc.co.uk)."Our History ". Delarue.com

Xogos de mesa Na década de 1930, De La Rue creou varios xogos de mesa; entre eles, un xogo de crícket chamado Stumpz, do que se produciron varias edicións, e tamén o xogo Round The Horn, que recreaba a carreira anual de barcos mercantes de vela, cargados de gran, que ía de Australia a Londres. Os xogos estaban formados por compoñentes de alta calidade e utilizaban naipes como parte do seu conxunto."Stumpz by Thos. de la Rue & Co. Ltd.". Replaycricket.com

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa de moeda Papel moeda Selo postal

Ligazóns externas

Sitio web de De La Rue plc "De La Rue plc History" (Fundinguniverse.com)

Categoría:Fabricantes de billetes Categoría:Empresas do Reino Unido Categoría:Impresión