Mario Iglesias González, coñecido como Mario Iglesias, nado en Pontevedra o 8 de novembro de 1962, é un cineasta e pintor galego.
Traxectoria Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, comezou nos anos 1990 con curtametraxes acadando varios premios. Desde 2002 dedícase aos seu traballo de autor e director de cinema. A súa obra caracterízase por unha linguaxe propia baseada nos conceptos de realismo e naturalismo.
En 2015 rodou en Vigo unha curta contra o cancro.
Despois dunha década afastado das longametraxes, en 2023 presentou o proxecto As fillas de Isaura no Festival de Cans.
Ten realizado varias exposicións de pintura.
Obra
Longametraxes
2006: De bares. Dirección e guión. 2007: Catalina. Dirección, dirección de fotografía e guión. 2007: Cartas italianas. Dirección. 2007: O almorzo do poeta. Dirección. 2009: Relatos. Dirección, dirección de fotografía e guión. 2010: Rosario. Dirección.
Curtametraxes
2002: La calided. Dirección, produción e guión. 2002: Corten. Dirección e guión. 2003: Intensidad. Dirección, produción e guión. 2003: El abismo. Dirección, produción e guión. 2006: Madres. Dirección, dirección de fotografía, produción e guión. 2007: Vecinos. Dirección e guión. 2008: Ensaio. Dirección.
Premios
II premio do Xurado na II Edición de NOTOFILMFEST, por Corten. 2006: Premio L'Alfàs del Pi Film Festival, por Madres. 2006: Premio Málaga Spanish Film Festival, por Madres. 2006: Premio Iberoamerican Short Film Competition, por Madres. 2006: Premio Almería International Film Festival, por Madres. 2006: Premio Mestre Mateo á mellor montaxe, por De bares. 2009: Finalista nos Tokyo International Film Festival, con Relatos 2010: Premio Rizoma, por Relatos. 2010: Finalista nos Premios Mestre Mateo con Relatos, mellor director e guión.
Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades do cinema de Galicia