A lingua okanagan, tamén coñecida como colville-okanagan, ou nsyilxcən (n̓səl̓xcin̓, n̓syilxčn̓), é unha lingua salish falada polo pobo okanagan que habitaba na rexión da meseta interior da conca do río Okanagan no período precolonial. O seu territorio está dividido entre a Columbia Británica do Canadá e o Estado de Washington nos Estados Unidos de América. Despois da colonización británica, estadounidense e canadense durante o século XIX e a posterior asimilación de todas as tribos salish, o uso da lingua okanagan declinou drasticamente. O okanagan está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O okanagan está en perigo de extinción, xa que non se transmite como primeira lingua, mais está a ser ensinada como segunda lingua por máis de 40 adultos e 35 nenos na cidade de Spokane, Washington, e por varias ducias de adultos na reserva india de Colville, no estado de Washington, así como polos habitantes do val do río Okanagan da Columbia Británica. Quedan arredor de 50 persoas que falan o okanagan con fluidez como primeira lingua, a maioría delas viven no val de Okanagan na Columbia Británica.Gordon, Raymond G. Ed. (2005). Salishan: Ethnologue . Ethnologue: Languages of the World, 15th ed. Consultado o 14 de abril de 2014. A lingua está nun estado moribundo e non ten falantes como primeira lingua de menos de 50 anos. O okanagan é a segunda lingua salish máis falada despois do shuswap.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Colville-Okanagan language learning resources at Endangered Languages Salish School of Spokane En'owkin Centre Interior Salish Vocabulary Words in Okanagan-Colville First Nations Languages of British Columbia entry Map of Northwest Coast First Nations Sinixt Nation Language Page

Categoría:Linguas salish do interior Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas