Footloose é un filme estadounidense de 1984 dirixido por Herbert Ross. Conta a historia de Ren McCormack (interpretado por Kevin Bacon), un adolescente de Chicago que se muda a unha pequena vila, onde intenta anular a prohibición de bailar instituída por un reverendo local (John Lithgow).

O filme recibiu valoracións dispares da crítica mais converteuse nun éxito de recadación, conseguindo 80 millóns de dólares nos cinemas dos Estados Unidos e converténdose no sétimo filme con maior recadación do ano 1984. O filme é coñecido pola súa música, coas cancións "Footloose" de Kenny Loggins e "Let's Hear It for the Boy" de Deniece Williams sendo nomeadas ao Óscar á mellor canción orixinal.

Personaxes

Kevin Bacon como Ren McCormack Lori Singer como Ariel Moore Dianne Wiest como Vi Moore John Lithgow como Rev. Shaw Moore Chris Penn como Willard Hewitt Sarah Jessica Parker como Rusty John Laughlin como Woody Elizabeth Gorcey como Wendy Jo Frances Lee McCain como Ethel McCormack Jim Youngs como Chuck Cranston Timothy Scott como Andy Beamis Andrea Hays como Bar Patron Arthur Rosenberg como Wes Warnicker Alan Haufrect como Roger Dunbar

Acollida Recadación O filme recadou 80.035.403 dólares no país. Converteuse no sétimo filme máis exitoso de 1984.

Notas

Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Herbert Ross Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Utah