miniatura|Un satélite Kanopus-V. Kanopus-V ou Kanopus-Vulkan é unha serie de satélites artificiais para observación terrestre de Rusia.
Características Os Kanopus-V son satélites de observación remota cunha masa duns 473 kg construídos por NPP VNIIEM con cámaras de OAO Peleng para a axencia espacial rusa Roskosmos. A súa misión é monitorizar e controlar desastres naturais e humanos, levantar cartografía, detectar incendios forestais e contaminación, estudar fenómenos físicos relacionados coa predición de terremotos e controlar o uso de terras para agricultura e os recursos hídricos e costeiros.
Os satélites Kanopus-V levan dous instrumentos a bordo:
Unha cámara pancromática (PSS, Panchromatic Imaging System) para monitorización medioambiental, da agricultura e dos bosques. Proporciona unha resolución de 2,5 m nunha banda de 20 km de longo para lonxitudes de onda entre 500 e 800 nanómetros. Unha cámara multiespectral (MSS, Multispectral Imaging System) para monitorizar superficies costeiras e terrestres e cubertas de xeo. Ten unha resolución de 12 m nunha banda de 20 km de longo en catro bandas espectrais: 500 a 600 nm, 600 a 700 nm, 700 a 800 nm e 800 a 900 nm.
Unha versión capaz de observar no infravermello é denominada Kanopus-V-IK e o satélite de observación terrestre belaruso BKA é basicamente unha copia dos Kanopus-V.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKanopus-V 122 de xullo de 2012Soiuz FG FregatÉxitoKanopus-V 2N/AN/AModificado e lanzado como Kanopus-V-IK 1.Kanopus-V 31 de febreiro de 2018Soiuz 2-1a FregatÉxitoKanopus-V 41 de febreiro de 2018Soiuz 2-1a FregatÉxitoKanopus-V 527 de decembro de 2018Soiuz 2-1a FregatÉxitoKanopus-V 6 27 de decembro de 2018Soiuz 2-1a FregatÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz FG Fregat Soiuz 2-1a Fregat
Categoría:Satélites artificiais