Felipe Antonio Gil de Taboada, nado en Bergazos (Donsión, Lalín) o 1 de maio de 1668 e finado en Sevilla o 29 de abril de 1722, foi un relixioso e político galego. Traxectoria Fillo de Gómez Gil de Taboada e de Beatriz Fernández Noguerol. Doutorouse en leis e cánones na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi catedrático, e de alí pasou á corte, onde co patrocinio do inquisidor xeneral Diego Sarmiento Valladares conseguiu praza de fiscal da inquisición nas Canarias; porén no chegou a ocupar o posto, permanecendo en Madrid como vicario eclesiástico. En 1695 entró como bolseiro no Colexio maior de Cuenca da Universidade de Salamanca.Juan Loperráez Corvalán: Descripcion histórica del obispado de Osma, páxs. 554 - 556. En 1710 Filipe V nommeouno presidente da Real Chancillería de Valladolid, e posteriormente comisario xeral da Santa Cruzada con residencia en Madrid.

En febreiro de 1715 foi comisionado como inquisidor xeneral, aínda que non chegou a exercer.José F. Alcaraz Gómez: Documentos: Felipe V y sus confesores jesuitas. Ese mesmo ano foi elixido bispo de Osma, pero entre xuño e outubro ocupou a presidencia do Consello de Castela (restablecida logo da abolición das reformas decretadas na Nueva Planta), polo que non ocupou a diocese ata novembro. En 1720 foi promovido ao arcebispado de Sevilla, onde morreu aos 54 anos. Foi soterrado na igrexa do Sagrario de Sevilla.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Felipe Gil de Taboada en Retratos de Españoles ilustres.

Categoría:Bispos da diocese de Osma

Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Políticos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1668

Categoría:Finados en 1722