Medio dólar do Centenariode Cleveland "Cleveland Great Lakes Exposition Half Dollar". United States Mint."1936 Cleveland Centennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Cleveland Centennial / Great Lakes Exposition". Numista.com310x310pxA/: Busto de Moses Cleaveland cara á esquerda. Marca de gravadora (BP). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / MOSES CLEVELAND / HALF DOLLAR.R/: Un compás, cos Grandes Lagos de fondo. Lendas: GREAT LAKES EXPOSITION 1836 1936 CLEVELAND CENTENNIAL / IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM Data: 1936 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Brenda Putnam. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 50.030 exemplares. Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Centenario de Cleveland é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1936. A moeda foi emitida con ocasión da Exposición dos Grandes Lagos, que tivo lugar en Cleveland en 1936, e que pola súa vez conmemoraba o centenario da incorporación á Unión da cidade de Cleveland, Ohio.
A mediados da década de 1930, o valor das moedas conmemorativas estaba a aumentar, e o empresario de Cincinnati Thomas G. Melish, coleccionista de moedas, fixo presión no Congreso para que autorizase varias emisións novas, das que el sería o único distribuidor. Tivo éxito co medio dólar do Centro Musical de Cincinnati, co que acadou grandes beneficios, e tamén coa moeda de Cleveland. Brenda Putnam encargouse do deseño deste medio dólar, que foi aprobado pola Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos logo das suxestións do escultor Lee Lawrie.
Melish distribuíu as moedas de Cleveland no desenvolvemento da exposición, e tamén nos bancos locais e por correo, desde a súa oficina de Cincinnati. As vendas foron boas e cuñouse a totalidade da tiraxe autorizada, de 50.000 moedas. O Congreso incluíra límites na lei pola que se aprobaba a emisión, para frear os beneficios excesivos e, aínda que algunhas das moedas se cuñaron en 1937, todas elas levaron a data inmobilizada de 1936, o que supuxo que os coleccionistas terían que comprar unha soa peza e non dúas, para teren un xogo completo. Milleiros de pezas ficaron nos inventarios dos distribuidores durante anos, e as moedas seguen a ser accesibles na actualidade, en comparación con outras moedas conmemorativas da época.
Antecedentes Logo da guerra de independencia estadounidense, a zona coñecida como Western Reserve, actualmente no leste de Ohio, foi obxecto de disputa entre os estados, varios dos cales a reclamaron como parte do seu territorio. Aínda que os dereitos políticos sobre a zona se cederon ao Goberno federal, Connecticut conservou a propiedade da terra e utilizou parte das súas posesións para reasentar a poboación cuxos fogares foran destruídos polos británicos durante a guerra. O resto vendéraselle á Connecticut Land Company en 1795. Moses Cleaveland era agrimensor, avogado e un dos directores da compañía. En 1796, nas beiras do lago Erie, estableceu unha poboación que levaría o seu nome.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 111-112. En 1830, fundouse un xornal chamado Cleaveland Advertiser. O editor considerou que o nome era demasiado longo para a imprenta e eliminou o primeiro "a" de Cleaveland, cambio que foi aceptado de bo grado pola poboación. Cleveland converteuse en cidade en 1836.Flynn, K. (2008). Páxinas 73-74. miniatura|Thomas G. Melish, promotor do medio dólar do Centenario de Cleveland.The Numismatist. American Numismatic Association. Vol. 69. Nº 2. Febreiro de 1956. Páxina 211. Un século despois, Thomas G. Melish era un destacado home de negocios de Cincinnati, que herdara a Bromwell Wire Company.Horning, C. D. (1993). Páxina 30. Tamén era coleccionista de moedas, e ocorréuselle a idea de promover a emisión dunha moeda conmemorativa que el desexaba controlar.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 329. Naquela época, o Goberno non vendía as moedas conmemorativas, senón que o Congreso, ao autorizar a emisión, designaba unha organización á que lle atribuía o dereito exclusivo de comprar as moedas ao seu valor nominal e vendelas á poboación cunha prima, co fin de sufragar gastos de conmemoracións e causas altruístas.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5. O resultado dos desexos de Melish foi o medio dólar do Centro Musical de Cincinnati, de 1936, unha emisión controlada por el e emitida para conmemorar un aniversario que realmente non existía.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 329.330. Melish só vendeu unhas poucas moedas ao prezo de emisión, que era elevado, e gardou a maioría para as vender máis tarde, cando a súa escaseza no mercado fixese subir o prezo.Flynn, K. (2008). Páxina 71.
En 1936, o mercado de moedas conmemorativas estadounidenses convertérase, segundo Q. David Bowers, en algo "tan quente como un volcán",Bowers, Q. D. (1991). Páxina 26. e "o Congreso deulle permiso [a Melish] para cuñar as súas propias moedas conmemorativas e cobrar ao público o que quixese por elas".Bowers, Q. D. (1991). Páxina 18. Melish, que tiña amigos no Congreso, intentou tamén a principios de 1936 que os lexisladores autorizasen outras emisións conmemorativas que el controlaría. A única delas que frutificou foi o medio dólar do Centenario de Cleveland.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 338.
Proceso lexislativo miniatura|O senador por Ohio Robert J. Bulkley introduciu no Senado o proxecto de lei para a autorización da moeda."Robert J. Bulkley et al.". Library of the Congress. O 23 de marzo de 1936, Robert J. Bulkley, de Ohio, presentou no Senado dos Estados Unidos un proxecto de lei para a autorización do medio dólar conmemorativo do Centenario de Cleveland, que foi remitido á Comisión de Banca e Moeda desa cámara. O proxecto de lei pretendía render homenaxe tanto ao centenario da incorporación de Cleveland como cidade, como á Exposición dos Grandes Lagos, que se celebraría alí en 1936. O proxecto orixinal prevía a cuñaxe de 50.000 pezas, que poderían adquirirse en calquera momento na Casa da Moeda dos Estados Unidos, e poderían ser cuñadas por calquera das tres cecas daquela en funcionamento. O proxecto de lei foi devolto á Cámara o 26 de marzo polo presidente da Comisión, Alva B. Adams, de Colorado, drasticamente emendado."Commemoration of Cleveland Centennial Celebration". Congressional Record - Senate. 27 de marzo de 1936. Páxina 4.489.
Adams presidira sesións sobre outras moedas conmemorativas o 11 de marzo de 1936, e fora informado por separado dos abusos cometidos polos emisores para conseguiren que os coleccionistas adquirisen as súas moedas. Entre estas prácticas estaban conseguir que se autorizasen deseños adicionais —como no caso do medio dólar do Centenario de Arcansas— e que as moedas se cuñasen nas tres cecas da US Mint. Dado que a lei exixía que as moedas levasen o ano de cuñaxe e que nalgunhas delas se utilizaban marcas de ceca, ao cuñalas en anos sucesivos en varias cecas creábanse máis variedades que os coleccionistas das moedas terían que comprar para manteren completas as súas coleccións.USSCBC (1936). Páxinas 11-12.
A Comisión do Senado oíra falar do medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, autorizado en 1926 e que seguía a cuñarse en 1936, e de moedas conmemorativas creadas con tiraxes intencionadamente baixas como xeito de incrementar os beneficios.USSCBC (1936). Páxinas 20-21. Cando o proxecto de lei para o medio dólar de Cleveland chegou ao seu comité, Adams riscou todo o seu texto, despois da cláusula de promulgación, e substituíuno por unha nova versión. A proposta orixinal prevía outorgarlle ao Comité de Moedas Conmemorativas do Centenario de Cleveland —creado ad hoc por Melish e controlado por el—, a facultade de facer cuñar a nova peza en calquera das fábricas de moeda, en calquera momento e mesmo ao longo dos anos, en calquera cantidade ata o límite autorizado de 50.000 unidades. O novo texto modificado por Adams mantiña o límite total, pero establecía un mínimo de 25.000 pezas que debían emitirse. A emenda exixía tamén que todas as moedas tivesen o mesmo deseño e se cuñasen nunha única ceca, que elixiría o director da Casa da Moeda dos EEUU. Dispuña ademais que todas as moedas levasen a data de 1936 aínda que se cuñasen máis tarde, e que o Comité de Cleveland non podería adquirir menos de 5.000 exemplares cada vez. Nun informe á parte, o senador Adams sinalou que o proxecto orixinal de Bulkley "contén certas disposicións que a Comisión recomenda eliminar non só do devandito proxecto, senón tamén de todos os proxectos posteriores relacionados coa emisión de moedas conmemorativas"."Report Nº 1726". Senate - Calendar Nº 1806. Marzo de 1936.
O proxecto de lei, na súa forma emendada, foi aprobado polo Senado sen votación o 27 de marzo de 1936. A continuación, a Cámara de Representantes recibiuno o 1 de abril e remitiuno á súa Comisión de Moeda, Pesos e Medidas, que o devolveu á Cámara o 16 de abril, logo de emendalo para requirir que o Comité de Cleveland comprase non menos de 25.000 moedas á vez, eliminando a posibilidade de que o Comité puidese pedir unhas 5.000 iniciais e logo non comprar máis. O pleno da Cámara tomou en consideración o proxecto de lei o 23 de abril de 1936, polo procedemento de urxencia.Congressional Record. Vol. 80. 23 de abril de 1936. Páxinas 6.012-6.013. O día seguinte, Bulkley propuxo que o Senado aprobase tamén as emendas incluídas no Senado, e así se fixo.Congressional Record. Vol. 80. 24 de abril de 1936. Páxina 6.048. Finalmente, proxecto foi promulgado coa sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt o 5 de maio de 1936, para se converter na Lei pública 74-552."Cleveland Great Lakes Exposition Commemorative Coin Legislation". United States Mint.Swiatek, A. (2012). Páxina 315.
Preparación miniatura|Brenda Putnam, deseñadora da moeda."Women Artists: Brenda Putnam (1890-1975)". Architect of the Capitol. O deseño da moeda encomendóuselle á reputada escultora Brenda Putnam. O 1 de maio, antes mesmo de que Roosevelt asinara a lei, a directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Nellie Tayloe Ross, enviou os esbozos presentados por Putnam á Comisión de Belas Artes, que desde 1921 tiña encargada a emisión de ditames consultivos sobre o deseño de obras de arte públicas, incluídas as moedas.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi, 190. O día seguinte o presidente da Comisión, Charles Moore, respondeu a Ross dando a súa aprobación preliminar e afirmando que un dos seus membros traballaría con Putnam na preparación dos modelos de xeso necesarios. Ese representante era Lee Lawrie, quen lle suxeriu a Putnam que utilizase estrelas para representar as cidades da rexión dos Grandes Lagos. Putnam colocara, no mapa do reverso, esbozos de edificios para representar a situación de Chicago, Detroit, Cleveland, Buffalo e Toronto. Cando Lawrie escribiu ao presidente da Comisión para o informar deste e doutros progresos, Moore ironizou sobre a posibilidade de que a moeda tivese unha estrela agrandada para Cleveland:Taxay, D. (1967). Páxinas 190-193.
Os modelos de Putnam foron aprobados pola Comisión de Belas Artes o 2 de xuño de 1936.Taxay, D. (1967). Páxina 193. A Medallic Art Company, de Nova York, reduciu os modelos de xeso a matrices do tamaño da moeda de medio dólar, a partir das cales se puidesen preparar os cuños de produción.
Deseño miniatura|Moses Cleaveland, nun debuxo de autor anónimo no que Putnam se baseou para o deseño do medio dólar.Rice, H. (1895). Sketches of Western Reserve Life. Cleveland. Páxina 11.
Anverso