A lingua guarijío (tamén escrita como huarijío, varihío ou warihío) é unha lingua uto-azteca falada nos estados de Chihuahua e Sonora, no noroeste de México. É falada por unhas 2 100 persoas do pobo guarijío, a maioría deles monolingües. O guarijío está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Linguas de México Bibliografía

Categoría:Linguas uto-aztecas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas de México