A caliborcia ou mexacán, Heracleum sphondylium,Guía das plantas de Galicia, Xosé Ramón García, 2008 é unha planta bienal natural de Europa, excepto Islandia e Asia. Está moi estendida por pradarías e pasteiros, xunto a estradas, sebes e bosques. miniatura|Ilustración

Descrición Herba moi robusta bienal ou perenne de vida curta. Ten o talo oco e alcanza os 6 a 12 dm de altura con follas pinnadas e pelosas, divididas en 5-7 lóbulos agudos ou compostos por 3-5 segmentos; ten umbelas dobres de até 20 cm de diámetro de flores brancas. Froitos pequenos elíptico a redondeado aplanado, glabro, amplamente alado. Florece a final de primavera e no verán.

Usos Heracleum sphondylium contén como ingredientes activos un zume irritante (furanocumarina) e un aceite esencial, que pode ser utilizado na medicina herbal como hipotensor, estimulante e dixestivo. Pódese preparar como infusión, decocción ou tintura.

Na cociña pódense preparar os brotes en ensaladas. As sementes pódense facer macerar en alcol para preparar un licor agradable.

En Europa do Leste as follas ferméntanse para obter un tipo de cervexa (o parst ou bartsch).

Taxonomía Heracleum sphondylium foi descrita por Carl Linné e publicada en Species Plantarum 1: 249. 1753.

Citoloxía

Número de cromosomas de Heracleum sphondylium (Fam. Umbelliferae) e taxóns infraespecíficos = Heracleum sphondylium L.

n=11.Proves Números cromosómicos para la flora española, 300-303. Pastor Díaz, J. (1984) Lagascalia 12(2): 279-280 Sinonimia

Heracleum alpinum subsp. benearnense Rouy & E.G.Camus en Rouy & Foucaud Heracleum alpinum subsp. pyrenaicum (Lam.) Rouy & E.G. Camus en Rouy & Foucaud Heracleum alpinum var. pyrenaicum (Lam.) Pers. Heracleum austriacum var. elegans Crantz Heracleum ceretanum Sennen Heracleum granatense Boiss. Heracleum longifolium Jacq. Heracleum montanum Schleich. ex Gaudin Heracleum panaces sensu Lange en Willk. & Lange Heracleum pyrenaicum Lam. Heracleum setosum var. granatense (Boiss.) Rouy & E.G. Camus en Rouy & Foucaud Heracleum setosum Lapeyr. Heracleum sibiricum subsp. longifolium (Jacq.) Arcang.

Propiedades

Ten propiedades hipotensoras, estimulantes e dixestivas. O zume da planta pode provocar irritación e bochas na pel ao exporse ao sol (fotosensibilización). En poboacións de Europa oriental e Asia preparaban unha cervexa cos talos fermentados, chamados o parst ou o bartsch dos polacos.

miniatura|Flores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Europa Categoría:Aceites esenciais Categoría:Plantas tóxicas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia